2013
Aparencia
| 2013 | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calendario gregoriano | 2013 MMXIII | ||||||||||||||||||
| Ab urbe condita | 2766 | ||||||||||||||||||
| Calendario armenio | 1462 | ||||||||||||||||||
| Calendario chinés | 4709 – 4710 | ||||||||||||||||||
| Calendario hebreo | 5773 – 5774 | ||||||||||||||||||
| Calendario hindú | |||||||||||||||||||
| · Vikram Samvat | 2068 – 2069 | ||||||||||||||||||
| · Shaka Samvat | 1935 – 1936 | ||||||||||||||||||
| · Kali Yuga | 5114 – 5115 | ||||||||||||||||||
| Calendario persa | 1391 – 1392 | ||||||||||||||||||
| Calendario musulmán | 1434 – 1436 | ||||||||||||||||||
| Calendario rúnico | 2263 | ||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou ao 2013 como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga e o ano internacional da Matemática do planeta Terra (non é un ano internacional recoñecido pola ONU, conta co apoio da UNESCO).
Foi o ano internacional da Quinua pola FAO e o ano da Serpe segundo o horóscopo chinés, foi o Ano da Fe, segundo a Igrexa católica e o ano de Luigi comezou neste ano segundo Nintendo, acabando en marzo de 2014.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]

- 1 de xaneiro
- Irlanda asume a presidencia semestral da Unión Europea.
- En Talín (Estonia), o transporte público empeza a ser gratuíto para os seus cidadáns, sendo así, o primeiro estado da Unión Europea en ofrecer esta alternativa.[1][2][3]
- Unha avalancha humana causa polo menos 60 mortos en Costa do Marfil nos festexos de ano novo.[4][5][6]
- Morren 13 guerrilleiros das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia nun bombardeo do exército colombiano cerca da fronteira con Panamá.[7][8]
- 2 de xaneiro
- En Siria, na guerra civil, o exército do goberno bombardea un suburbio en Damasco, deixando máis de 50 mortos.[9]
- Alejandro García Padilla xuramenta como o décimo gobernador do Estado Libre Asociado de Porto Rico.[10]
- 5 a 20 de xaneiro - 34ª edición do Rally Dakar que atravesou os países da Arxentina, Chile e o Perú.
- 7 de xaneiro - En Zürich (Suíza), Lionel Messi gaña o seu cuarto Balón de Ouro sobre Cristiano Ronaldo e Andrés Iniesta, superando así a Johan Cruyff, Marco van Basten e Michel Platini no número de trofeos.
- 8 de xaneiro - En Siria, en plena guerra, mísiles do exército impactan en Alepo, unha das cidades máis conflitivas da contenda.[11]
- 9 de xaneiro - A Fragata Libertad da Arxentina regresa á Base Naval de Mar del Plata tras estar 78 días retida no porto Tema de Ghana polo reclamo xudicial dos fondos voitre.
- 10 de xaneiro
- Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
- Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.
- 11 de xaneiro - Francia inicia a intervención militar en Malí para frear o avance de rebeldes islámicos ligados a Al Qaeda.
- 15 de xaneiro
- Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.[12]
- Durante a guerra civil siria, dous ataques con explosivos destrúen a Universidade de Alepo, deixando 80 persoas falecidas.[13]
- 17 de xaneiro
- A secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, exhorta o goberno comunista de Laos, para que abra unha investigación co fin de coñecer o paradoiro dun activista social nese país, Somphone Sombath, quen desapareceu na capital, Vientiane, en decembro de 2012.[14]
- En Colombia o ELN atribúese o secuestro de cinco enxeñeiros, entre eles dous peruanos e un canadense no norte de Bolívar.
- 21 de xaneiro - A Lúa eclipsa o planeta Xúpiter, fenómeno só visible en Suramérica.[15]
- 22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.[16]
- 23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.[17]
- 25 de xaneiro
- Turkmenistán anuncia a súa intención de iniciar o proceso para integrarse na Organización Mundial do Comercio, polo que podería ser o estado 158 en ser membro.[18]
- Motín na prisión de Uribana en Barquisimeto, Venezuela deixa 63 mortos e resultan feridas máis de 120 persoas.[19]
- 26 a 28 de xaneiro: I Cumio da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños e a Unión Europea en Santiago de Chile.
- 26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.[20]
- 27 de xaneiro - No centro da cidade de Santa María, Río Grande do Sur, Brasil, un violento incendio deixa 239 mortos e 124 feridos na discoteca Kiss.[21][22][23][24]
- 28 de xaneiro - A raíña Beatriz dos Países Baixos anuncia que abdicará o próximo 30 de abril, no seu fillo Guillerme.
- 31 de xaneiro
- Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos,[25] 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior.
- Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.[26]
- O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de po duns 800 m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.[27]



- 1 de febreiro - Un atentado suicida contra a embaixada dos Estados Unidos de América en Ankara (Turquía) deixa tres vítimas mortais.[28]
- 2 de febreiro - En Paraguai, o candidato presidencial, Lino Oviedo, falece nun accidente aéreo, cando retornaba da cidade de Concepción á capital, Asunción.[29][30] O Goberno de Federico Franco iniciou unha investigación para esclarecer cales foron exactamente as causas do accidente.[31]
- 3 de febreiro - Eleccións parlamentarias de Cuba de 2013.
- 6 de febreiro - Terremoto de 8 graos nas Illas Salomón produce un tsunami que acaba coa vida de trece poboadores da illa.[32][33][34][35][36]
- 8 de febreiro
- Ataques contra xiítas en Iraq deixan polo menos 31 mortos.[37]
- Seis persoas morren polas inundacións que afectan os distritos de Miraflores, Alto Selva Alegre e Cerro Colorado, na cidade de Arequipa, no Perú.[38]
- Catro persoas morren ao caer unha avioneta na Universidade Nacional de Lomas de Zamora na Arxentina.[39]
- 9 de febreiro
- Un autobús que trasladaba seguidores do equipo de fútbol O'Higgins de Rancagua desbarranca en Tomé, (Rexión do Biobío), no sur de Chile, deixando 16 falecidos e 20 feridos graves.
- En Colombia, un terremoto de 7.0 graos, na escala de Richter deixou danos materiais e 37 feridos.
- 10 de febreiro - Empeza o ano novo chinés,[40][41] (ano 4711, ano da Serpe).
- 11 de febreiro
- Avalancha humana deixa 36 mortos nunha estación de ferrocarril durante a festividade relixiosa do Kumbhamela na India.[42]
- O papa Bieito XVI anuncia que renunciará ás súas funcións o día 28 do mesmo mes por razóns de saúde.[43][44][45][46]
- 18 mortos deixa a explosión dunha mina de carbón no norte de Rusia.[47]
- Dez mortos por accidente aéreo en Liberia.[48][49]
- 12 de febreiro - Corea do Norte realizou a proba nuclear máis grande da súa historia, ocasionando un sismo de 5,0 graos Richter.
- 15 de febreiro - Hai 1491 feridos (112 hospitalizados), a maioría pola onda de choque producida polo estalido que causou a creba de cristais, ventanais e danos materiais en edificios en Cheliabinsk, ao sur dos Urais por impacto de meteorito en Rusia. Horas despois, o asteroide 2012 DA14 pasa a 27.860 quilómetros da Terra, sendo así, o obxecto espacial de maior tamaño que se achegara tanto á Terra.[50]
- 16 de febreiro - Máis de 75 mortos e 200 feridos nun atentado no oeste de Paquistán.
- 17 de febreiro - Eleccións lexislativas de Ecuador de 2013.
- 20 de febreiro
- Nun val próximo a Quito, capital de Ecuador, inaugúrase oficialmente o Aeroporto Internacional Mariscal Sucre,[51] que substitúe o Antigo Aeroporto Internacional Mariscal Sucre.[52] O traslado do aeródromo fíxose polos ruídos que afectaban á poboación e pola curta pista de aterraxe que ocasionara 11 accidentes desde que iniciou as súas operacións.
- O primeiro ministro Boiko Borisov de Bulgaria anuncia a dimisión do seu goberno, tras dez días de intensas protestas populares contra os altos prezos da electricidade.[53]
- 22 de febreiro - Eleccións lexislativas de Djibuti de 2013.[54]
- 24 de febreiro
- 85.ª cerimonia dos Premios Óscar no Teatro Dolby dos Ánxeles (Estados Unidos)
- O presidente cubano Raúl Castro é ratificado para continuar no poder até o ano 2018.[55][56]
- Vitoria de Nikos Anastasiadis nas eleccións presidenciais de Chipre de 2013.
- LIV Festival Internacional da Canción de Viña del Mar en Chile[57]
- En Romanía, o presidente do denominado Instituto de Investigación dos Crimes do Comunismo e da Memoria do Exilio Romanés, Andrei Muraru, anunciou que se presentará ao Parlamento Nacional un proxecto de lei para prohibir as organizacións e símbolos comunistas. Esta declaración foi moi cuestionada por, segundo os críticos, unha lei como esa violaría a liberdade de expresión e que se intenta impedir un réxime como o do desaparecido expresidente, Nicolae Ceaușescu, o cal tamén transgrediu os dereitos humanos.[58]
- 24 e 25 de febreiro - Eleccións xerais de Italia de 2013.
- 25 de febreiro - En Colombia realízase un paro cafeteiro, para esixir ao goberno melloras económicas e o subsidio do gran de café.
- 26 de febreiro - 19 turistas mortos e 3 feridos ao incendiarse un globo aerostático en Luxor (Exipto)[59][60][61]
- 27 de febreiro - Tres mortos e sete feridos por tiroteo na compañía madeireira Kronospan na cidade de Menznau, cerca de Lucerna (Suíza)[62]
- 28 de febreiro - Renuncia de Bieito XVI, primeiro Sumo Pontífice en deixar o cargo en vida desde Gregorio XII en 1415.


- 4 de marzo
- Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.
- Accidente aéreo deixa decenas de mortos na República Democrática do Congo. O avión veuse abaixo sobre un barrio residencial, cando estaba a punto de aterrar na cidade de Goma, ao leste do país.[63]
- 5 de marzo - No Hospital Militar Dr. Carlos Arvelo da cidade de Caracas, falece ás 16:25 hora local (20:55, UTC),[64] o Presidente de Venezuela, Hugo Chávez aos 58 anos de idade e tras 14 anos de goberno.[65][66] A noticia tivo alcance mundial e foi seguida por millóns de persoas en todo o mundo. A raíz disto máis de 16 países declararon varios días de dó nacional en homenaxe a Hugo Chávez.
- 6 de marzo
- Rebeldes sirios secuestran 21 soldados filipinos da ONU, mentres inspeccionaban un posto de observación danado na fronteira dos Altos do Golán.
- Un accidente aéreo deixa 9 falecidos no Perú, nas proximidades de Lima e Cuzco. A avioneta quedou completamente destruída polo mal tempo de tormentas eléctricas e caeu moi cerca de Tacna.
- 7 de marzo - En Libia decenas de homes armados asaltaron o canal de televisión Al Asema, en Trípoli, e secuestraron cinco xornalista. Así mesmo, os agresores destruíron parte dos equipos do canal, que deixou de emitir temporalmente tras o ataque.[67]
- 8 de marzo
- Tras a morte de Hugo Chávez, o vicepresidente de Venezuela, Nicolás Maduro asume como presidente encargado de Venezuela, e nomea como vicepresidente executivo o xenro de Hugo Chávez, Jorge Arreaza, todo isto mentres se esperan as eleccións presidenciais en abril para escoller o sucesor do falecido líder.[68]
- Lévase a cabo na Academia Militar de Venezuela, o funeral de Estado do presidente de Venezuela, Hugo Chávez, a onde asistiron presidentes, xefes de estado e delegacións de máis de 55 países do mundo.
- 9 de marzo - En Kenya, Uhuru Kenyatta é elixido presidente na primeira volta co 50,07% dos votos. A Corte Suprema determinará se o resultado anunciado pola IEBC (Comisión Electoral Independente) é legal.[69]
- 10 e 11 de marzo - Lévase a cabo referendo sobre a soberanía das Illas Malvinas para determinar se a poboación desexa continuar baixo a administración británica, o cal resulta así cun 99,83% de aprobación.
- 10 de marzo - Corea do Norte anulou o Tratado de Non Agresión coa súa veciña Corea do Sur. Dito armisticio finalizou a guerra de Corea, polo tanto, a súa anulación significa que ambas nacións quedan novamente en estado de Guerra
- 11 de marzo - Corea do Norte anuncia que está lista para unha Guerra Total en contra de Corea do Sur e Estados Unidos.
- 12 de marzo - Comezo do conclave no que se elixirá o sucesor do Papa emérito Bieito XVI.
- 13 de marzo - O cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio é elixido Papa, adoptando o nome de Francisco. É o Papa número 266 da historia, o primeiro americano e o primeiro xesuíta.
- 15 de marzo - Inicia a temporada da temporada 2013 de Fórmula 1.
- 16 de marzo - Referendo constitucional de Cimbabue de 2013.
- 17 de marzo - Na capital do Perú, Lima, ten lugar un referendo para revogar a alcaldesa, Susana Villarán. Foi solicitado e aceptado o ano anterior (véxase Referendo municipal de Lima de 2013).[70][71]
- 18 de marzo
- Na batalla de Alepo, úsanse por primeira vez armas químicas na guerra civil siria, deixando 26 mortos e 86 feridos, moi posiblemente por culpa de Al-Assad.
- En Mogadixo (capital somalí) un atentado terrorista preto do Palacio Presidencial, chamado Vila Somalia, deixa entre 7 e 10 mortos. Os perpetradores conduciran un vehículo cargado de explosivos até cerca doutro (libre de explosivos) e ao estalar incendiou un minibus urbano onde pereceron as vítimas. O ataque tería como branco un camión, onde se encontraban funcionarios gobernamentais, segundo algunhas testemuñas.[72]
- 20 de marzo - En Cidade de Panamá (capital panameña) desátase un incendio no vertedoiro de lixo máis grande da cidade, Cerro Patacón. O fume esténdese por case toda a cidade provocando severos danos ambientais. As autoridades e corpos especiais traballan para manter o sinistro baixo control.[73]
- 23 de marzo - Encontro entre o papa emérito Bieito XVI e o seu sucesor Francisco.
- 24 de marzo - Na capital de República Centroafricana, Bangui, rebeldes toman o Palacio Presidencial, derrocando o presidente, François Bozizé (quen se encontra en paradoiro descoñecido),[74] e asume de forma interina o poder, o militar, Michel Djotodia. O golpe de Estado é a consecuencia final da rebelión iniciada o ano anterior. A Unión Africana,[75] a ONU,[76] entre outros organismos, expresaron o seu rechazo ao golpe. Mentres que Francia enviou as súas tropas para evitar que o aeroporto da cidade tamén caia en mans dos rebledes[77] (véxase Golpe de Estado de República Centroafricana de 2013).[78]
- 27 de marzo - En Taiwán un morto e numerosos edificios danados por sismo 6.1 graos.[79]
- 30 de marzo - Corea do Norte declárase en estado de guerra total coa república surcoreana.