Saltar ao contido

Almería

Almería
 Nome oficial
    Almería (es)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
almeriense (es)  
almerienca (ca)  
almerienc (ca)  
Almeriense (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Clasificación climática
Implicados
 Xefe do goberno
 Fundador/a
 Ten en propiedade
Historia
 Acontecementos importantes
década de 1140Siege of Almería (en) Traducir
1309Cerco de Almeria (1309) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
170.994 (2001) rexistro civil
173.338 (2002) rexistro civil
176.727 (2003) rexistro civil
177.681 (2004) rexistro civil
181.702 (2005) rexistro civil
185.309 (2006) rexistro civil
186.651 (2007) rexistro civil
187.521 (2008) rexistro civil
188.810 (2009) rexistro civil
190.013 (2010) rexistro civil
190.349 (2011) rexistro civil
191.443 (2012) rexistro civil
193.351 (2014) rexistro civil
194.203 (2015) rexistro civil
194.515 (2016) rexistro civil
195.389 (2017) rexistro civil
196.851 (2018) rexistro civil
198.533 (2019) rexistro civil
201.322 (2020) rexistro civil
200.753 (2021) rexistro civil
199.237 (2022) rexistro civil
200.578 (2023) rexistro civil
202.675 (2024) rexistro civil
205.468 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   101.538 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   96.995 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   296.216.940 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   20 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal04001–04009 Editar o valor en Wikidata
Código INE04013 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap347796 Editar o valor en Wikidata
VIAF161802803 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/022358 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: aytoalm Twitter: aytoalm Instagram: aytoalm BNE: XX450574 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.

A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o mar Mediterráneo. Con 198.522 habitantes no ano 2019, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ao seu porto e aeroporto internacionais.

Fundada no 955 por Abderramán III nunha localización dominada anteriormente por outras urbes coma a ibera Ucri ou a romana Portus Magnus, Almería desenvolveu un importante papel durante o Califato de Córdoba, chegando a ser o porto máis importante do al-Ándalus dos omeias. Alcanzou o seu máximo esplendor durante a taifa, no século XI, converténdose baixo o reinado de Almotacín nun emporio comercial e cultural. Tras a incorporación á Coroa de Castela no 1489, deciman a poboación os piratas, pragas e terremotos. A recuperación non será visible ata finais do século XIX, co rexurdir da minería e a exportación da uva de mesa, e de novo a partir dos anos 1960 do século XX, grazas á explosión da agricultura intensiva, ó turismo, a construción e o mármore.

No ano 2005 foi a sede dos XV Xogos Mediterráneos.

Patrimonio histórico

[editar | editar a fonte]

Entre o seu patrimonio histórico-artístico, cabe destacar a alcazaba musulmá (séculos X a XV), a catedral-fortaleza (século XVI), o cargadoiro de mineral ou Cable Inglés (finais do século XIX), ou o Museo de Almería, inaugurado no 2006.

Símbolos populares

[editar | editar a fonte]

O símbolo por excelencia de Almería e a súa provincia é o indalo, orixinalmente unha pintura rupestre neolítica descuberta na cova dos Letreros (no actual Parque Natural de Serra de María-Los Vélez) en 1868 que representa a un home cazando cun arco.

Nos anos 1940 do século XX, o Movimiento Indaliano idealizou o símbolo, querendo ver nel un home que sostiña o arco da vella. O seu nome foi dado en honor a San Indalecio e proviría en última instancia do ibero indal eccius, «mensaxeiro dos Deuses».

Trátase dun símbolo moi arraigado na sociedade almeriense e é frecuente velo por todos lados. Atopamos un, por exemplo, no escudo da Unión Deportiva Almería.[1]

O sol de Portocarrero

[editar | editar a fonte]

Outro símbolo moi unido á cidade é o erroneamente chamado sol de Portocarrero, altorrelevo que presenta un radiante sol antropomorfo rodeado de grilandas e que aparece esculpido no testeiro da capela funeraria do bispo Diego Férnandez de Villalán, na catedral de Almería. Por unha confusión histórica, é relacionado tradicionalmente este símbolo con outro bispo da diocese almeriense, Juan del Castillo y Portocarrero, do que toma nome a pesar de ser o mandato deste moi posterior.[2] O escudo da Universidade de Almería, por exemplo, baséase neste símbolo.[3]

A patroa da cidade é a Virxe do Mar, que celebra a súa festividade o sábado anterior ó último domingo do mes de agosto. A súa imaxe foi atopada na praia de Torregarcía, preto da capital, polo vixía da torre homónima, Andrés de Jaén, o 22 de decembro de 1502.[4] A lenda di que a imaxe, románica, puido formar parte dos restos dun barco naufragado o ser un mascarón de proa que os fieis vestiron como Virxe. Moi preto da torre construíuse a Ermida de Torregarcía en torno a cal se celebra unha romaría a segunda fin de semana de cada xaneiro.

O patrón da cidade e diocese de Almería é santo Indalecio, fundador da diocese da antiga Urci no século I e un dos Sete Homes Apostólicos, primeiros evanxelizadores da Península Ibérica por encomenda de San Paulo.[5] A súa festividade se celebra o 15 de maio.

Galería de Imaxes

[editar | editar a fonte]

Outras Almerías no mundo

[editar | editar a fonte]
  1. http://www.udalmeriasad.com
  2. Ruiz García, Alfonso (2008.). Ciudad de Almería. Colección: Guías de Almería: Territorio, cultura y arte. Almería: Instituto de Estudios Almerienses. ISBN 978-84-8108-430-6.
  3. http://www.ual.es[Ligazón morta]
  4. http://www.virgendelmar.com/principal.htm
  5. http://www.diocesisalmeria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=66

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]