Saltar ao contido

Apia

Apia
 Nome orixinal
    Apia (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Apia (en) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Apien (fr)
Apienne (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Datas
 Fundación / creación
1850 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
1899Siege of Apia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 Irmandado con
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   37.708 (2006) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   123,81 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF155991555 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fnzs Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Apia é a capital de Samoa. Atópase localizada na costa norte da illa Upolu, máis precisamente no distrito político de Tuamasaga. É a maior cidade e porto do país. Ten unha poboación duns 38.800 habitantes (2001). Está situada sobre o porto natural na boca do río Vaisigano. É unha angosta planicie costeira, co monte Vaea (472 m) ao sur.

Características

[editar | editar a fonte]
Chozas nativas en Apia (1839).

Mulinu'ou, a antiga capital cerimonial esténdese ao oeste da cidade e é onde se atopa o Parlamento (Fale Fono) e o observatorio histórico, o cal agora é a oficina de meteoroloxía.

O porto é unha zona recentemente posta en valor e recuperada. É o sitio das oficinas gobernamentais e o Banco Central de Samoa. No centro da cidade hai un reloxo-torre levantado en conmemoración á guerra. Apia posúe certo número de edificios de recente construción pero aínda hai algunhas edificacións esparexidas pola cidade que son de madeira, que datan da época colonial. A máis notable é o palacio de xustiza, que posúe un museo no primeiro piso. Logo de moitos anos de abandono, este edificio foi restaurado en 2004.

Tamén nunha área revalorizada atópase a estación principal de ómnibus, preto do antigo mercado de peixe, onde agora se venden recordos. O novo mercado (maketi fou) atópase terra dentro, en Fugalei, onde está máis resgardado dos efectos dos ciclóns.

En canto á arquitectura, existe unha mestura de antigas edificacións coloniais e casas máis modernas de estilo occidental, xunto con algunhas tradicionais casas samoanas (fale)

O escritor Robert Louis Stevenson pasou os últimos catro anos da súa vida aquí e está sepultado no monte Vaea, que domina a cidade e a casa que el mesmo construíu, "Vailima", que agora é un museo na súa memoria.

Transporte

[editar | editar a fonte]

O porto de Apia é o máis grande e activo de todos os portos de Samoa. Alí chegan embarques internacionles con colectores e combustibles. Os ferries a Tokelau e a Samoa Americana parten desde alí.

Apia posúe unha boa rede estrada a cal atópase xeralmente en bo estado de mantemento. Os vehículos circulan pola man dereita. Samoa non posúe ferrocarril nin tranvía pero ten un gran servizo de ómnibus. É común que as persoas camiñen polos arlededores da cidade ou ata vaian a pé ata algúns lugares fóra da mesma. Hai pouca cantidade de bicicletas e motocicletas. O número de autos particulares estase incrementando. Os taxis son unha forma común de transporte. Apia posúe unha pequena pista de aterraxe (Fagali'i) a cal é utilizada para voos internos e algúns voos internacionais cara a Pago Pago, en Samoa Americana. O aeroporto internacional (Faleolo) atópase a 40 minutos de distancia en auto, ao oeste da cidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]