Cianita
| Cianita (Ky) | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Al₂OSiO₄ | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
A cianita[1] ou distena[2] é un mineral do grupo IX (silicatos) segundo a clasificación de Strunz, cuxo nome deriva do grego kyanos, que significa ‘azul’.[3] É un mineral típico das rochas metamórficas produto do metamorfismo rexional de rochas sedimentarias con alto contido de arxilas. Algunhas das rochas que poden presentar cianita son os gneis e os xistos. Tamén se encontra nalgunhas pegmatitas. A cianita é un nesosilicato membro da familia dos silicatos de aluminio, á que pertencen minerais polimórficos como a andalucita e a sillimanita. Este mineral é moi anisótropo respecto á dureza. Na escala de Mohs, a súa dureza varía moito dependendo da dirección en que se pretenda raiar un cristal deste mineral, sendo 5,5 se a raia se fai paralela a [001] e 7 se se fai paralela a [100]. Esta é unha característica de case todos os minerais que non pertenecen ao sistema cúbico, mais a anisotropía da cianita pode considerarse unha característica identificativa.
Historia
[editar | editar a fonte]Este mineral describírono de forma independente con dous nomes diferentes:
- Distena, nomeada por René-Just Haüy[4] do grego di , 'dous' e destenos, 'forza', facendo referencia á diferenza das propiedades eléctricas dependendo da dirección do cristal.
- Cianita, nomeada por Abraham Gottlob Werner en 1789, do grego kyanos , 'azul'.
Notas para a súa identificación
[editar | editar a fonte]Os cristais de cianita ou distena teñen hábito columnar e xeralmente son alongados e poden ser unha boa pista para chegar a identificar con seguridade este mineral. A súa cor (cando é azul) tamén a define perfectamente. Outra característica é que adoita estar mesturada con minerais polimórficos ou con estaurolita.
Usos da cianita
[editar | editar a fonte]
Úsase principalmente en produtos refractarios e cerámicos, como a porcelana. Tamén na fabricación de útiles de electricidade. Tamén se utiliza como pedra preciosa. É importante para os coleccionistas de minerais, xa que debido á súa escaseza, é moi cobizada por eles.
Minerales asociados
[editar | editar a fonte]Normalmente, este mineral está fusionado con outros minerais diferentes polimórficos, así como con outros silicatados. Entre eles están:[5]
- Andalucita, Al2SiO5
- Sillimanita, Al2SiO5
- Cuarzo, SiO2
- Estaurolita, Fe2Al9Si4O22(OH)2
- Micas, AB2-3(X, Si)4O10(O,F,OH)2
- Granates, A3B2(SiO4)3
Produción mundial
[editar | editar a fonte]| 1. | 190.000 | |
| 2. | 91.300 | |
| 3. | 72.700 | |
| 4. | 40.000 |
Fonte: USGS.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de cianita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Definición de distena no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Listado de minerais, en inglés
- ↑ Traité de minéralogie, Tome III (588 p.) Par René-Just Haüy 1801.
- ↑ Galerías de minerais, en inglés
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cianita |