Saltar ao contido

Gilberto Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGilberto Gil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Gilberto Passos Gil Moreira Editar o valor en Wikidata
26 de xuño de 1942 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Salvador Editar o valor en Wikidata
Ministro da Cultura do Brasil (pt) Traducir
1 de xaneiro de 2003 – 30 de xullo de 2008
Vereador(a) de Salvador (pt) Traducir
1 de xaneiro de 1989 – 31 de decembro de 1992
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoAfrobrasileiros e raza negra Editar o valor en Wikidata
RelixiónCandomblé Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Federal da Bahia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista de jazz, político, músico, compositor, guitarrista, cantautor, líder de banda Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Verde Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica popular brasileira e música do Brasil Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz e instrumento de percusión Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoACT
RCA Records
Philips Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFlora Gil (1988–)
Nana Caymmi (1967–1968) Editar o valor en Wikidata
FillosPedro Gil
 ()
Nara Gil
 ()
Preta Gil
 ()
Bem Gil
 ()
Bela Gil
 () Flora Gil Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webgilbertogil.com.br Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0317772 Allocine: 36635
Facebook: gilbertogiloficial Twitter: gilbertogil Instagram: gilbertogil MySpace: gilbertogilofficial Youtube: UCStXqgyucmicmfhpvnJK6cw BNE: XX947178 Souncloud: gilbertogil Spotify: 7oEkUINVIj1Nr3Wnj8tzqr Last fm: Gilberto+Gil Musicbrainz: cf6b70f6-2616-481c-912c-0263cabfc974 Songkick: 264479 Discogs: 83724 Allmusic: mn0000652255 Genius: Gilberto-gil Editar o valor en Wikidata

Gilberto Passos Gil Moreira, coñecido como Gilberto Gil, nado en Salvador, no Estado de Baía, o 26 de xuño de 1942, é un cantante, compositor, guitarrista e político brasileiro.

Dende 2003 a 2008, serviu como ministro de Cultura do Brasil durante o goberno do Presidente Luiz Inácio Lula da Silva.

É unha das figuras máis destacadas da música popular brasileira e, xunto con Caetano Veloso, un dos principais impulsores do movemento tropicalista.

O estilo musical de Gil incorpora estilos e influencias diferentes, como a samba, a bossa nova, o rock, o reggae, o funk e diversos ritmos afrobrasileiros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na segunda metade da década de 1960 participou, xunto con Caetano Veloso, Gal Costa, Tom Zé, Os Mutantes e outros artistas, no desenvolvemento do tropicalismo, movemento que combinou tradicións musicais brasileiras con influencias internacionais e unha estética experimental. A súa actividade artística e política provocou a represión do réxime militar brasileiro; Gil e Veloso foron detidos e posteriormente exiliados. Gil residiu en Londres durante dous anos e regresou ao Brasil en 1972.[1]

Ao longo das décadas seguintes desenvolveu unha extensa carreira internacional. Entre os seus discos destacan Expresso 2222 (1972), Refazenda (1975), Refavela (1977), Realce (1979) e Quanta (1997). Tamén realizou numerosos proxectos con outros músicos brasileiros, entre eles Caetano Veloso, Gal Costa, Maria Bethânia, Jorge Ben Jor e Milton Nascimento.

En 1999 recibiu o Premio Grammy ao mellor álbum de música do mundo por Quanta Live, e en 2006 volveu gañalo por Eletracústico.[2] En 2005 recibiu o Polar Music Prize, un dos principais recoñecementos internacionais no ámbito da música.[3]

Actividade política

[editar | editar a fonte]

Gilberto Gil é coñecido tamén polo seu compromiso político. Foi secretario de Cultura de Salvador e concelleiro da cidade entre finais da década de 1980 e comezos da de 1990.

En 2003 foi nomeado Ministro de Cultura polo presidente Luiz Inácio Lula da Silva, cargo que exerceu até 2008. Durante o seu mandato impulsou políticas de descentralización cultural e programas como os Pontos de Cultura.

Foi tamén nomeado Artista pola Paz da UNESCO.

Relación con Galiza

[editar | editar a fonte]

Gilberto Gil actuou en varias ocasións en Galiza. En 1992 participou no festival Afroamérica 92 en Vigo, a cidade galega que máis visitou, nun cartel no que tamén figuraban artistas como Milton Nascimento, B. B. King, Tracy Chapman, Celia Cruz e Tito Puente.[4]

En 1995 regresou a Vigo para actuar no Teatro García Barbón. En 2002 ofreceu no auditorio de Castrelos un concerto dentro do festival Para Vigo me voy, que reuniu arredor de 20 000 persoas.

En 2004 actuou na praza da Quintana, en Santiago de Compostela, dentro das Festas do Apóstolo. Antes do concerto afirmou admirar «a forza mística e mítica de Compostela» e defendeu o intercambio entre culturas.[5][6]

Tamén nese ano, participou en Vigo na presentación do proxecto Terra Brasilis, concibido como un programa de intercambio cultural entre o Brasil e Galiza. O acto prevía un recital acústico de Gil e unha charla sobre as relacións culturais entre ambos os países.[7] Nel mencionou a súa simpatía polo equipo de fútbol Galícia Esporte Clube. Ao ano seguinte actuou na Coruña, no marco da súa xira europea, en 2005.[8]

En 2019 volveu a Vigo para presentar o álbum OK OK OK no Auditorio Mar de Vigo.[9]

Discografía seleccionada

[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Gilberto Gil". Polar Music Prize (en inglés).
  2. ↑ "Gilberto Gil". Grammy Awards (en inglés).
  3. ↑ "Gilberto Gil". Polar Music Prize (en inglés). 2005.
  4. ↑ "El festival Afroamérica 92 comienza hoy en Galicia". El País (en castelán). 17 de xullo de 1992.
  5. ↑ "Gilberto Gil: «A política e umha arte»". La Voz de Galicia. 2004-07-19. Consultado o 2026-10-13.
  6. ↑ "Más de 250.000 personas participaron en los sesenta actos de las Festas do Apóstolo 2004". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2004.
  7. ↑ "Milton Nascimento actuará en Galicia dentro del festival «Terra Brasilis 2004»". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 2004.
  8. ↑ "Gilberto Gil dará o 30 de xullo na Coruña o único recital galego da súa xira europea". La Voz de Galicia. 2005-05-19. Consultado o 2026-10-13.
  9. ↑ Salgado, Daniel (2019-06-06). "O mito tropicalista Gilberto Gil tocará o 16 de xullo en Vigo". Nós Diario. Consultado o 2026-10-13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]