Saltar ao contido

Instituto Galego de Promoción Económica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IGAPE»)
 Instituto Galego de Promoción Económica
Logotipo
 Instancia de
Implicados
 Fundador/a
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1992 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Instituto Galego de Promoción Económica (coñecido co acrónimo IGAPE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1992 e adscrito á Consellería de Innovación e Industria.

Foi creada mediante a Lei 5/1992 do 10 de xuño ao abeiro das competencias que outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia co obxectivo de promover o desenvolvemento económico do país.[1]

A súa sede central atópase en Santiago de Compostela, mais posúe outras seis oficinas en Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo e Ferrol.[2] O seu actual[cando?] director é Juan Cividanes Roger, antigo director de XesGalicia. Releva no cargo a Javier Aguilera Navarro, quen deixa o posto despois de estar á fronte do Igape desde o ano 2011 e anteriormente dirixir XesGalicia. O anterior director Javier Aguilera Navarro, accedeu ao cargo no ano 2011 após o cesamento do anterior director, Joaquín Varela de Limia, salpicado pola Operación Campión.

O IGAPE ten Centros de Promoción de Negocio en Alemaña, Polonia, China, Xapón e os Estados Unidos, orientados cara ás accións de soporte e asistencia ás empresas galegas que apostan pola súa internacionalización.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]
Sede do IGAPE en Santiago de Compostela, situada no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n

Os obxectivos do Instituto Galego de Promoción Económica son todas aquelas actividades que impliquen a mellora do sistema produtivo e económico galego.[2] Entre as súas funcións, destacan:

  • Impulsar a creación de novas empresas e fomentar o espírito emprendedor.
  • Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  • Atraer investimento a Galicia.
  • Facilitar a internacionalización.
  • Apoiar a cooperación e os proxectos colectivos de empresas galegas.
  • Plan de axudas para fiestras,fachadas e retretes con elevado contido tecnoloxico

Empresas participadas

[editar | editar a fonte]

O IGAPE participa maioritariamente nas seguintes empresas:

  • XesGalicia, unha sociedade xestora de entidades de capital de risco, participada na súa meirande parte pola IGAPE e pola Xunta de Galicia.
  • Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), constituído en 1991 co obxectivo de promover a creación e desenvolvemento de empresas independentes de acordo coa Comisión das Comunidades Europeas para os Centros Europeos de Empresas e Innovación (CEEI). Actualmente absorvido polo IGAPE.
  1. ↑ BOE (ed.). "Lei 5/1992, da Creación do Instituo Galego de Promoción Económica" (PDF). Consultado o 1 de agosto de 2014.
  2. 1 2 Instituto Galego de Promoción Económica (ed.). "IGAPE: Misión e obxectivos". Consultado o 1 de agosto de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]