Saltar ao contido

Mar de Chukchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Chukchi
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 País
 País da cunca
 Afluente do lago
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Profundidade
   1.256 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap5852766 Editar o valor en Wikidata
VIAF235546549 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02y0qp Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons
Mapa do mar de Chukchi

O mar de Chukchi (en ruso: Чуко́тское мо́ре, Txukótskoie more, en inglés: Chukchi Sea) é a parte do océano Ártico situada entre Chukotka (no extremo oriental de Asia) e Alasca (no extremo occidental de América). O estreito de Bering, no sur, conéctao co mar de Bering e co océano Pacífico. Ao oeste, limita co mar de Siberia Oriental e a illa de Wrangel, e ao leste confúndese co mar de Beaufort.

Ten unha superficie aproximada de 595.000 km² e só é navegable uns catro meses ao ano. Máis da metade do mar de Chukchi (un 56%) ten unha profundidade inferior aos 50 m.

Este mar chámase así polos chukchis, que viven nas súas costas. A rexión do extremo oriental de Siberia de onde é orixinario este pobo chámase Chukotka.

O porto principal é Uelen, no estreito de Bering.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]