Saltar ao contido

Ferreiro real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parus major»)
Ferreiro real
 Nome taxon
    Parus major
 Nome curto
    P. major (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaParidae
XéneroParus
EspecieParus major Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Parus major Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   0,23 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   7,7 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01kzcv Editar o valor en Wikidata
ITIS561864 Editar o valor en Wikidata
OTT515143 Editar o valor en Wikidata
UICN22735990 Editar o valor en Wikidata
CoL75SVV Editar o valor en Wikidata
EOL45515267 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

O ferreiro real,[1] tamén chamado ferreiriño abelleiro ou sachatín (Parus major) é un paxaro da familia dos páridos (Paridae), o membro de maior tamaño da súa familia dos que habitan en Europa.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O ferreiro real mide uns 14 cm é ten unha envergadura de á entre 22,5–25,5 cm. Pesa uns 20 gramos. A cabeza e o colo son negros, as meixelas son brancas. Unha faixa de cor tamén negra, máis ancha no macho, atravésalle o peito, que, coma o ventre, é amarelo. Nas femias a cor amarela da parte inferior é máis mate.

O canto é moi variado e emprega formas que se atopan tamén noutros páridos. É, porén, máis alto e potente.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase principalmente de insectos, pero come tamén sementes de plantas, bagas, botóns de flores e froitos secos. Prefire comer desde a pólas máis baixas das árbores, preto do tronco, pero é frecuente que procure a comida polo chan. No inverno concéntranse facilmente en comedeiros artificiais, onde prefiren os cacahuetes crus e as pipas de xirasol. Poden chegar a facerse bastante confiados.

O ferreiro real é unha ave paleártica. En Europa é principalmente sedentario, agás en Islandia e no norte da Escandinavia e na antiga URSS. Na Península Ibérica e abondoso. Na Galiza tamén é común e sedentario en todo o territorio. Distribúese ata os 800 m de altitude.

Vive en zonas de bosque. En xeral prefire os bosques vellos caducifolios ou mixtos, pero é moi adaptable e afaise a vivir en xardíns, parques e plantación de árbores.

Etoloxía

[editar | editar a fonte]

Entre as follas dun loureiro
está o ferreiro a cantar.
¿que lles dirá ás mociñas
que andan a reloucar?

ferreiro real no inverno

O ferreiro real ten dous ciclos de actividade diarios: un pola mañá cedo e outro máis curto polo serán. Este último prodúcese só fóra da estación de cría. Móvese con pequenos pulos coma outros páridos pero non é tan frecuente velo pendurado das pólas como no caso doutros membros da familia.

Defende o mesmo territorio durante todo o ano e toda a vida contra os seus conxéneres. É monógamo, a parella fórmase ó inicio da estación de reprodución e mantense xunta durante toda a época de cría.

Fan o niño de musgo, liques, garabulliños e raíces en árbores, ocos en paredes, ou caixas artificiais para facer niños a unha altura de entre 3 e 5 metros. A femia pon ovos dúas veces ó ano (pode facer unha nova posta se a primeira é destruída) entre marzo e xuño. Pon de 7 a 12 ovos, en raras ocasións menos. Os ovos son brancos con pencas vermellas. A incubación dura de 12 a 15 días. Os polos permanecen no niño de 16 a 21 días, e son alimentados polos dous proxenitores.

Alcanzan unha idade media de 1,7 anos. Algúns exemplares chegan a vivir 11 ou 12 anos e o máis vello coñecido tiña polo menos 15.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 37. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]