Saltar ao contido

Ranger 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ranger 9
 Nome orixinal
    Ranger 9 (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
21 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
Localización
 Localización
LQ19 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
   366,9 kg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03lnwn Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ranger 9 foi a cuarte e última sonda do Bloque III e a definitiva do programa Ranger da NASA pensado para enviar sondas non tripuladas á Lúa e fotografar a súa superficie antes de impactar nela. Foi lanzada mediante un Atlas-Agena B o 21 de marzo de 1965 desde a plataforma LC-12 do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Ranger 9 foi enviada a impactar contra a superficie lunar e comezar a fotografala varios minutos antes do choque. A diferenza das naves dos bloques I e II, os únicos instrumentos a bordo eran seis cámaras de televisión para fotografar a Lúa.[1][4][2][3]

A sonda foi a cuarta e última cun deseño do denominado Bloque III, unha simplificación das Ranger previas dos Bloque I e II. Estaba formada por unha base hexagonal de 1,5 m de diámetro sobre a cal se atopaba unha estrutura cónica de aluminio de 3,6 m de alto onde se situaban as cámaras de televisión. Sobre a base ía montado o sistema de propulsión e de enerxía, alimentado por dous paneis solares de 73,9 cm de lonxitude e 153,7 cm de longo cada un que lle daban á nave unha envergadura total de 4,6 m, así como a antena de alta ganancia. Outra antena cuasiomnidireccional ía montada no cumio do cono da nave.[1][4][2][3]

A propulsión era proporcionada por un motor de 224 N de impulso alimentado por hidracina, mentres que para o control de actitude usábanse doce chorros de nitróxeno conxuntamente cun sistema de tres xiroscopios, catro sensores solares principais, dous secundarios e un sensor da Terra. Os paneis solares proporcionaban ata 200 vatios de potencia que se almacenaban en dúas baterías de prata-cinc de 1200 vatios-hora de capacidade a unha voltaxe de 26,5 voltios para alimentar o sistema de cámaras, mentres que para o resto de sistemas usábanse outras dúas baterías de prata-cinc de 1000 vatios-hora.[1][4][2][3]

As comunicacións corrían a cargo de varios transmisores a bordo, entre eles un canal de televisión de 60 W funcionando a 959,52 MHz, outro canal televisión de 60 W a 960,05 MHz e un transpondedor de 3 W a 960,58 MHz[1][2][3]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Ranger 9 levaba a bordo seis cámaras vidicon, dúas de imaxe completa (un gran angular e un teleobxectivo operando no chamado canal F) e catro de imaxe parcial (dúas gran angular e dous teleobxectivos no canal P). As cámaras funcionaban agrupadas en dous canais, cada un cos seus propios sistemas de potencia, temporizadores e transmisores para incrementar a fiabilidade.[1][2][3]

Perfil da misión

[editar | editar a fonte]

Ranger 9 foi inxectada nunha traxectoria de impacto contra a Lúa despois de permanecer nunha órbita de aparcamento sen problemas. A manobra de corrección de traxectoria a medio camiño executouse sen incidencias o 23 de marzo ás 12:03 UT. Ranger 9 chegou á Lúa o 24 de marzo, tomando a primeira imaxe ás 13:49:41 UT e a unha altura de 2363 km. En total transmitíronse 5814 imaxes nos 19 últimos minutos do voo, coa imaxe final tendo unha resolución de 0,3 metros. O impacto tivo lugar ás 14:08:19,994 UT do 24 de marzo no cráter Alphonsus a 2,67 km/s.[1][2][3]

  1. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (23 de agosto de 2016). "Ranger 9" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2016.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Ranger 6, 7, 8, 9 (Block 3)" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2016.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "Ranger 9-7-8-9" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2016.
  4. 1 2 3 "Letter dated 4 June 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (65-15084). 21 de xuño de 1965: 3. Consultado o 9 de decembro de 2016.