Suzuki Motor Corporation(スズキ株式会社,Suzuki Kabushiki-Kaisha?), é unha empresaxaponesa dedicada á fabricación de automóbiles (especialmente todoterreos e compactos), motocicletas, motores fóra borda, e unha variedade de produtos equipados con motores de combustión.[1] Foi fundada en 1909 na localidade de Hamamatsu por Michio Suzuki.[2]
En 2016 Suzuki foi o maior fabricante de automóbiles subcompactos a nivel mundial. Por segundo ano consecutivo, foi a marca número un en automóbiles pequenos. En setembro de 2017, as vendas globais da marca superou 102,6 millóns de unidades comercializadas dende que iniciou a fabricación de automóbiles en 1955.[3] A cifra produtiva de Suzuki situouse en 3,05 millóns de unidades en 2019, un 11,1% menos que o ano anterior. A marca construíu 946.768 unidades no Xapón, e a súa produción no resto do mundo foi de 2,1 millóns de unidades.[4]
Suzuki é un fabricante independente, aínda que durante uns anos tivo vínculos próximos con General Motors e Volkswagen, sen chegar a ser controlado por outro fabricante.[5]
Suzulight de 1955Suzuki SC 100 CX-G (versión especial) de 1979
A compañía foi fundada en 1909 co nome de Suzuki Loom Works, dedicada inicialmente á fabricación de teares. En 1952 Suzuki comezou a fabricar un modelo de bicicleta motorizada equipada cun motor 2x36cc. Ao ano seguinte introduciu un segundo modelo de bicicleta. En 1954 cambiaouse o nome da compañía polo de Suzuki Motor Co., Ltd, e construíuse a “Colleda”, a súa primeira motocicleta completa. Tratábase dunha máquina monocilíndrica de 90cc.[2]
En outubro de 1955 Suzuki introduciu o seu primeiro coche fabricado en serie, o Suzulight, con motorización de dous cilindros, dous tempos e 360cc. que tivo moi boa acollida no Xapón.[6] En 1961 introduciu o Suzulight Carry, que foi a primeira das moitas furgonetas da marca.[7]
O primeiro automóbil Suzuki que entrou en produción regularmente foi o Suzulite de 1961, un pequeno vehículo de 4 prazas coas siglas 360 TL. O motor, situado na parte dianteira en posición transversal, era de dous cilindros en liña, e a súa cilindrada era de 360cc. A tracción era dianteira e a transmisión de tres velocidades. Cunha potencia de 21 CV SAE a 4500rpm, podía alcanzar os 85km/h.
Nos anos 1970, os modelos Fronte e Jimny fixeron posible aumentar as exportacións. En 1981 Suzuki alcanzou un acordo con General Motors para satisfacer a crecente demanda de coches pequenos. Coa axuda de "Isuzu" o "Sprint" de Chevrolet ("Suzuki Cultus" no Xapón) introduciuse nos Estados Unidos, co que deu inicio á serie de alianzas que realizou con outros fabricantes automobilísticos. En 1985 o modelo "Samurai" foi o primeiro automóbil nos Estados Unidos lanzado baixo a marca de fábrica de Suzuki. Así mesmo, dende 1987 Suzuki exportou algúns dos seus modelos aos Estados Unidos baixo a marca de fábrica Geo creada por GM para competir coas marcas estranxeiras. En 1998 Chevrolet absorbeu Geo, pasando os seus modelos a ser vendidos baixo a marca Chevrolet.[8]
En 2002, as vendas globais da marca alcanzaron os 30 millóns de unidades.[9]