Saltar ao contido

Tamarindo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tamarindo
 Nome taxon
    Tamarindus indica
 Nome curto
    T. indica (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Fonte de
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeFabales
 FamiliaFabaceae
 TriboAmherstieae
 XéneroTamarindus
 EspecieTamarindus indica Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Tamarindus indica Editar o valor en Wikidata
Localización
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01h5zh Editar o valor en Wikidata
UNII7H9JS05XFP Editar o valor en Wikidata
ITIS26980 Editar o valor en Wikidata
OTT812370 Editar o valor en Wikidata
UICN62020997 Editar o valor en Wikidata
CoL54M92 Editar o valor en Wikidata
EOL639027 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000170926 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O tamarindo[1] ou tamarindeiro[2] (Tamarindus indica), do árabe تمر هندي tamr hindī, dátil da India), é unha árbore tropical, orixinaria do leste de África pero que agora existe en gran parte de Asia tropical así coma Iberoamérica. O xénero Tamarindus é monotípico, é dicir, só ten unha especie.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A árbore pode chegar a acadar os 20 m de altura. As follas teñen polo xeral de 10 a 18 folíolos. Produce uns froitos marróns semellantes a saquetas, que conteñen unha polpa recuberta, dentro da cal se atopan as sementes. As sementes poden reladas para acelerar a xerminación.

Planta de tamarindo a xermolar con vestixios da semente.

A polpa da froita emprégase coma condimento na cociña asiática e na de Latinoamérica; tamén é un importante ingrediente do mollo inglés e algúns outros mollos. A polpa dun froito novo é moi acedo, e polo tanto recomendábel para moitos pratos, mentres que os froitos maduros son máis doces e poden ser utilizados en sobremesas, bebidas ou coma aperitivo.

Polpa e casca teñen aplicacións medicinais. Por exemplo, en Filipinas, as follas son tradicionalmente usadas en infusión para reducir a febre causada por malaria.

Por mor á densidade e durabilidade, a madeira do tamarindo pode ser utilizada para fabricar mobles e doelas. As árbores de tamarindo son moi comúns no sur da India particularmente en Andhra Pradesh. Utilízanse para dar sombra nas estradas e autoestradas do país. Os monos gustan dos froitos chegados. É parte da dieta básica do sur da India, onde se prepara Sambhar (sopa de verduras con especias) arroz Pulihora, e outros pratos.

Atópase dispoñíbel en tendas hindús, chinesas e mexicanas por todo o mundo. Tamén se vende como un doce, mesturando a súa polpa con azucre ou sal e chile, en Guatemala, Cuba, México, Honduras, Panamá, Venezuela, Colombia, Ecuador, Illa de Guadalupe e como ingrediente en gran variedade de botanas no sueste de Asia (secos e salgados, frescos e adozados, enchilados, como bebida etc). En México, Colombia, Guatemala, Perú, Nicaragua, Costa Rica, Porto Rico, República Dominicana, Venezuela, Bolivia e O Salvador fanse concentrados de polpa de tamarindo para a fabricación de refrescos e bebidas.

Grazas ás súas propiedades medicinais utilízase no āyurveda (medicina tradicional da India) para algúns problemas de dixestión ou estomacais. Tamén é un laxante eficaz, polo que pode axudar en casos de estrinximento pertinaz.

Valor nutricional

[editar | editar a fonte]

Tamarindo, cru

kcal=239

proteínas=2.8 g

graxas=0.6 g

glícidos=62.5 g

fibra=5.1 g

azucres=57.4

calcio_mg=74

ferro_mg=2.8

magnesio_mg=92

fósforo_mg=113

potasio_mg=628

sodio_mg=28

cinc_mg=0.1

vitC_mg=3.5

vitB1_mg=0.428

vitB2_mg=0.152

vitB3_mg=1.938

vitB5_mg=0.143

vitB6_mg=0.066

vitB9_ug=14

vitE_mg=0.1

vitK_ug=2.8

fonte_usda=09322

  1. ↑ Nome común galego n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 e en Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. ↑ Nome común en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dassanayake, M. D. & Fosberg, F. R. (Eds.). (1991). A Revised Handbook to the Flora of Ceylon. Washington, D. C.: Smithsonian Institution.
  • Hooker, Joseph Dalton. (1879). The Flora of British India, Vol II. Londres: L. Reeve & Co.
  • Shiu-ying Hu: Food Plants of China. The Chinese University Press, Hong Kong, 2005. ISBN 962-201-860-2.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]