Saltar ao contido

Xeranio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xeranio
 Nome taxon
    Pelargonium
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeGeraniales
 FamiliaGeraniaceae
 XéneroPelargonium Editar o valor en Wikidata
L'Hér. ex Aiton, 1789 Pelargonium Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01y1_z Editar o valor en Wikidata
MeSHD031316 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777632356 Editar o valor en Wikidata
ITIS29154 Editar o valor en Wikidata
OTT372825 Editar o valor en Wikidata
CoL6K7C Editar o valor en Wikidata
EOL59440 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000028455 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Os xeranios ou pelargonios son plantas pertencentes ao xénero Pelargonium L'Hér., da familia Geraniaceae (xeranáceas) que inclúe unhas 200 especies de plantas herbáceas, arbustos perennes e suculentas. Linnaeus orixinalmente incluíu todas as especies no xénero Geranium, mais posteriormente, en 1789, foi separado en dous xéneros por Charles L’Héritier.

Especies seleccionadas

[editar | editar a fonte]

Historia do cultivo

[editar | editar a fonte]

A primeira especie de Pelargonium da que se coñece o seu cultivo foi Pelargonium triste, nativa de Suráfrica. Probabelmente foi levada ao xardín botánico de Leiden antes de 1600 a bordo de barcos que atracaban no Cabo de Boa Esperanza. En 1631, o xardineiro inglés John Tradescant o vello comprou sementes a Rene Morin en París e introduciu a planta en Inglaterra. En 1738, Johannes Burman nomeou o xénero Pelargonium (do grego πελαργός, pelargós cegoña) por mor á súa semellanza da parte da flor con esta ave.

Ademais de se cultivar pola súa beleza, as especies de pelargonio, como P. graveolens empréganse na industria da perfumaría para destilar a súa esencia. Aínda que existen especies con recendos cítricos, mentolados ou afroitados as variedades con recendo a rosa son as máis comercializadas. As estilas e absolutos do pelagonio, comunmente coñecidos coma «aceite aromatizado de xeranio» utilízanse en ocasións coma suplemento ou adulterador dos custosos aceites de rosas.

O xeranio de xardín (P. x hortorum; syn P. zonale) é unha das plantas ornamentais máis comúns de cultivo en testo ou vaso, con máis de 200 variedades.

O cultivo en Galiza remóntase varios séculos. Marcial Valladares Núñez, no seu Diccionario gallego-castellano fala do xeranio, recollendo o nome vulgar de flor da sardiña[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Marcial Valladares Núñez, Diccionario gallego-castellano Santiago, Imp. Seminario Conciliar, 1884 - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=sardi%F1a&tipo_busca=lema

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Maria Lis-Balchin, ed., Geranium and Pelargonium: History of Nomenclature, Usage and Cultivation. (Taylor and Francis, 2002) ISBN 0-415-28487-2
  • - Explicacións no catálogo online dun criador belga con máis de 1000 variedades de Pelargonium, moitas ilustradas, e ducias engadidas cada ano.
  • - Página de Pelargonium : descricións de especies con fotos de plantas e hábitats