Download Manager

Descrición

WordPress Download Manager é un plugin de xestión de arquivos e documentos deseñado para xestionar, rastrexar e controlar as descargas de arquivos desde o teu sitio WordPress. Podes usar contrasinais e perfís de usuario para controlar o acceso aos teus arquivos, xestionar as velocidades de descarga e limitar o número de descargas por usuario. Tamén ofrece características como o bloqueo con Captcha ou o bloqueo de IP para bloquear bots, usuarios non desexados ou spammers. Incluso podes esixir que os usuarios acepten os teus termos e condicións antes de descargar.

Precisas vender produtos dixitais? Podes usar WordPress Download Manager como solución completa de comercio electrónico para vender produtos dixitais. Simplemente pon un prezo cando necesites vender un elemento dixital. Tamén podes usar prezos baseados en licenzas ( p. ex.: Simple, Extendida, Ilimitada ) para un produto. Os usuarios poden descargar directamente os elementos gratuítos e, cando un elemento ten prezo, o usuario terá que pasar polo carriño & o pago. WordPress Download Manager ten a opción de pago máis sinxela para dar ao usuario unha mellor experiencia ao mercar un elemento, o que sempre aumenta a probabilidade de completar con éxito un pedido.

Características

  • Tipo de contido personalizado e taxonomía; engadir unha descarga é como crear unha entrada
  • Subida de arquivos arrastrando e soltando
  • Compatibilidade coa subida por anacos para superar o límite máximo de subida de http
  • Anexa arquivos directamente desde o teu servidor usando o navegador de arquivos do servidor
  • Protección de arquivos da biblioteca multimedia
  • Visor de documentos integrado ( DOC, PDF e POWERPOINT )
  • Panel de engadido rápido cun botón do editor tinymce para crear e inserir unha descarga facilmente cando editas unha entrada ou páxina
  • Compatibilidade con Google Drive para almacenar os teus arquivos en Google Drive ( 15 GB de espazo gratuíto)
  • Compatibilidade con DropBox para almacenar os teus arquivos en DropBox ( 2 GB de espazo gratuíto )
  • Compatibilidade con Box.com para almacenar os teus arquivos en Box.com ( 10 GB de espazo gratuíto )
  • Compatibilidade con OneDrive para almacenar os teus arquivos en onedrive.live.com ( 15 GB de espazo gratuíto )
  • Opción para «Abrir no navegador» ou «Descargar» arquivos ( PDF ou imaxes )
  • Controla quen pode acceder á descarga
  • Control de acceso por categoría
  • Control da velocidade de descarga
  • Protección con contrasinal
  • Protección CAPTCHA
  • Detección de bloqueadores de anuncios
  • Opción de bloqueo de IP para evitar descargas de bots ou de enderezos IP non desexados
  • Rexistros de descarga para comprobar quen descarga que arquivo, desde onde e cando
  • Protección con termos: acepta os termos & condicións antes de descargar
  • Contador de descargas para ver o total de descargas de cada arquivo
  • Icona personalizada para a ligazón de descarga
  • Compatibilidade con iconas por tipo de arquivo
  • Escritorio de usuario completo ( usa o shortcode [wpdm_user_dashboard] )
  • Shortcode personalizado de formulario de acceso / rexistro na portada
  • Modelo oEmbed personalizado
  • Compatibilidade con DataTable adaptable ( usa o shortcode [wpdm_all_packages jstable=1 items_per_page=20] )
  • Opción de busca e ordenación
  • Etiqueta de ligazón personalizada
  • Shortcode para a ligazón de descarga
  • Shortcode para ligazón directa a un arquivo descargable [wpdm_direct_link id=file_id_required link_label=any_text_optional]
  • Widget de arquivos novos
  • Widget das descargas máis populares
  • Widget para buscar descargas
  • Categorías multinivel
  • Botón personalizado de TinyMce
  • Shortcode para incrustar categorías
  • Navegador avanzado de arquivos do servidor
  • Árbore completa de categorías e arquivos cun simple shortcode [wpdm_tree]
  • Compatibilidade coa subida e reprodución de vídeo MP4
  • Protección de descarga de arquivos de vídeo, permite que os visitantes os reproduzan pero bloquea a descarga
  • Preparado para a tradución

Xestor de activos dixitais

  • Xestor de arquivos do servidor
  • Crear novos arquivos e cartafoles facilmente
  • Mover, copiar e editar arquivos
  • Editor de arquivos integrado con resaltado de sintaxe
  • Shortcode de activo para incrustar un arquivo ou activo facilmente nunha páxina ou entrada
  • Operacións de subida, descarga e eliminación
  • Previsualización e reprodución de vídeo e audio

Xestor de activos dixitais ( características Pro )

  • Etiquetado de arquivos
  • Xerador de ligazóns para compartir
  • Marcadores, comentarios e debates
  • Xestión de activos desde a portada
  • Metadatos personalizados dos activos
  • Arquivo de activos e xestión de versións

Solución completa de tenda dixital:

Usa o complemento Premium Package – Complete Digital Store Solution (gratuíto) se precisas vender os teus elementos dixitais. O complemento ten todas as características que poderás necesitar para construír unha tenda en liña perfecta para as túas descargas dixitais:

  • Activación cun só clic ( instalación & activación automáticas )
  • Vende produtos dixitais de forma segura
  • Administración sinxela
  • Integración con PayPal
  • Xestión de descontos baseada en perfís de usuario
  • Xestión de cupóns
  • Imposto sobre vendas
  • Gardar o carriño e finalizar a compra máis tarde
  • Enviar o carriño gardado por correo electrónico
  • Variacións de produto & prezo ( prezos baseados na licenza / vende Gigas extra co produto )
  • Prezos promocionais para os teus produtos dixitais
  • Prezos «Paga o que queiras»
  • Xeración de facturas
  • Sistema de pago máis sinxelo
  • Pago e descarga como convidado
  • Opción de caducidade de pedidos ( p. ex. 1 ano de soporte & acceso ás actualizacións, e despois caduca )
  • Opción de renovación automática de pedidos ( acepta pagos recorrentes para pedidos )
  • Xestión sinxela de pedidos
  • Avisos de vendas por correo electrónico
  • Avisos de vendas directamente no teu móbil con mensaxes push
  • Informes de vendas moi detallados
  • Notas de pedido & sistema de mensaxaría
  • Sistema ampliado de licenzas de produto
  • Prezos por nivel de licenza
  • API de licenzas fácil de implementar para a integración de sistemas de licenzas
  • Mercado completo de produtos dixitais con envío de produtos desde a portada & xestión de pagamentos a vendedores ( Esta característica require WPDM v4+ )
  • Vende arquivos individuais ( como unha soa canción dun álbum ) ( Esta característica require WPDM v4+ )
  • e moito máis…

Bloques de Gutenberg

Complementos de Elementor

  • Download Manager Addons for Elementor – Usa o plugin se estás a usar o maquetador web Elementor. O plugin ofrece complementos de Elementor para todos os shortcodes de WordPress Download Manager que escribías manualmente.

Google Drive

Usa o complemento Google Drive Explorer ( gratuíto ) para almacenar os teus arquivos en Google Drive e ligalos con Download Manager, obtén 15 GB de espazo de almacenamento gratuíto e aforra ancho de banda do teu servidor

DropBox

Usa o complemento DropBox Explorer ( gratuíto ) para almacenar os teus arquivos en dropbox e ligalos con Download Manager, obtén 2 GB de espazo de almacenamento gratuíto e aforra ancho de banda do teu servidor

Box.com

Usa o complemento Box.com Explorer ( gratuíto ) para almacenar os teus arquivos en Box.com e ligalos con Download Manager, obtén 10 GB de espazo de almacenamento gratuíto e aforra ancho de banda do teu servidor

OneDrive

Usa o complemento OneDrive Explorer ( gratuíto ) para almacenar os teus arquivos en Microsoft OneDrive e ligalos con Download Manager, obtén 15 GB de espazo de almacenamento gratuíto e aforra ancho de banda do teu servidor

pCloud

Usa o complemento pCloud Connector ( premium ) para almacenar os teus arquivos en pCloud e ligalos con Download Manager, obtén 10 GB de espazo de almacenamento gratuíto e aforra ancho de banda do teu servidor

Complementos

Descarga e instala o seguinte complemento gratuíto para engadir características adicionais segundo as túas necesidades

Aplicacións móbiles

Comproba as estatísticas de descarga e recibe un aviso push cando alguén descargue; instala:

  • WPDM API – instala este complemento no teu sitio e configura a clave da API
  • WPDM para Android – Instala a app no teu teléfono Android
  • WPDM para iOS – Comproba as estatísticas de descargas e vendas directamente desde o teu iPhone ou iPad

Temas gratuítos

  • Attire – tema perfecto para calquera sitio, como blog, carteira, fotografía, imaxes de stock, música, arquivo de vídeo, directorio de descarga de software ou comercio electrónico, e é gratuíto.

Máis temas & complementos

  • Complementos – máis de 100 complementos
  • Temas – Temas especialmente optimizados para Download Manager

Divulgación de servizos externos

Este plugin usa servizos externos para mellorar a súa funcionalidade. Revisa as seguintes divulgacións sobre o uso destes servizos:

Este plugin pode usar Google reCAPTCHA para mellorar a seguridade protexendo contra o spam e o acceso non autorizado. Google reCAPTCHA está suxeito á Política de privacidade e aos Termos do servizo de Google, que podes revisar en https://policies.google.com/privacy e https://policies.google.com/terms, respectivamente.

O noso plugin ofrece a capacidade de previsualizar documentos de Microsoft Office para comodidade dos usuarios. Esta característica pode depender de servizos de Microsoft. Os usuarios poden estar suxeitos ás políticas de privacidade e aos termos de Microsoft ao acceder aos documentos de Office e previsualizalos mediante este plugin. Consulta a Declaración de privacidade de Microsoft e os Termos de uso para obter máis información.

Este plugin pode ofrecer a función de vista previa de Google Doc para certos tipos de arquivo. Os usuarios poden interactuar cos servizos de Google durante o proceso de vista previa. Ao usar esta función aplícanse a Política de privacidade e os Termos do servizo de Google. Podes atopar estas políticas en https://policies.google.com/privacy e https://policies.google.com/terms.

Ao usar este plugin, recoñeces e aceptas os termos e as políticas destes servizos externos tal e como se indica arriba.

Capturas

Instalación

  1. Sube download-manager ao directorio /wp-content/plugins/
  2. Activa o plugin a través do menú «Plugins» de WordPress

Comentarios

24 de Agosto de 2026
I needed help figuring out how to create a link using the Master Key. Support replied quickly and provided an excellent step-by-step message with detailed explanations of each part. I appreciate their help!
8 de Agosto de 2026
The Download Manager plugin is really great and same with the support provided. There are many options available in the plugin.
4 de Agosto de 2026
We have been using the Download Manager for years without any issues. Support provides quick answers to any questions. Excellent.
13 de Xullo de 2026
For a few days now, I have been dealing with Tahasin, due to problems on my site. This brother has been great. Keep it up brother. I wish I could rate your service 10 stars. thanks again Download Manager. You are a great company to work with.
Ler todas as 1.007 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“Download Manager” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“Download Manager” foi traducido a 26 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “Download Manager” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

3.3.73 – 2026.10.07

  • New: AI Abilities let Claude, Cursor and other MCP clients manage packages, files, download links, categories and stats (WordPress 6.9+, off until enabled in Settings AI Abilities)
  • Security: Fixed unauthenticated download of protected files via audio and video preview links ( Reported by Ananda Dhakal via Patchstack )
  • Security: Password lock no longer issues a download link for packages the user’s role can’t access
  • Fixed: Duplicating a package with no category or tag caused a fatal error on PHP 8

3.3.72 – 2026.10.02

  • Improved: Renovado o diálogo de cambio de nome e a pestana Compartir do xestor de activos
  • Security: Corrixido XSS almacenado para colaboradores ou superior mediante o atributo regurl do shortcode [wpdm_login_form] ( informado por Wordfence )
  • Security: Corrixida a exposición de información sensible a subscritores ou superior mediante tokens de modelos de correo electrónico nos campos do perfil ( informado por Wordfence )

3.3.71 – 2026.09.27

  • Security: Corrixido XSS almacenado para subscritores ou superior mediante o nome para mostrar no filtro de usuarios do historial de descargas ( informado por Wordfence )
  • Security: Corrixido CSRF na pantalla de axustes que podía sobrescribir as opcións de privacidade, incluída a clave de cron ( informado por Kartik Sharma a través de WPScan )
  • Security: Corrixida a descarga sen identificación de arquivos protexidos mediante a validación CAPTCHA entre paquetes ( informado por Raj Ukani a través de WPScan )
  • Security: Corrixido XSS almacenado para autores ou superior mediante a URL da icona do paquete ( informado por Mark Moore a través de WPScan )
  • Fixed: Os nomes para mostrar escápanse na tarxeta de perfil público e na vista do estado da conta

3.3.70 – 2026.09.23

  • Fixed: A vista previa dun modelo de ligazón ou de páxina grande fallaba porque todo o modelo se pasaba na URL de vista previa e superaba o límite de lonxitude de URI do servidor; agora o modelo gárdase no servidor durante a sesión de vista previa e a URL leva só un token de curta duración
  • Fixed: A sección de descargas relacionadas renderizaba un contedor baleiro cando un paquete non tiña descargas relacionadas; agora non se mostra nada cando non hai nada que amosar
  • Fixed: Advertencia de PHP – «file_exists(): File name is longer than the maximum allowed path length» – ao renderizar un paquete cuxo modelo de ligazón ou de páxina se indica como marcado integrado e non como o nome dun modelo gardado; agora a busca recoñece que ese valor non pode ser un identificador de modelo, en lugar de pasarlle ao sistema de arquivos todo o corpo do modelo como se fose unha ruta

3.3.69 – 2026.09.16

  • Improved: Os diálogos Novo cartafol e Novo arquivo do xestor de activos agora son un único panel que se ancora baixo o botón que o abriu, con validación integrada para nomes baleiros e nomes que conteñen barras, un estado de ocupado mentres se crea o cartafol ou o arquivo, e calquera erro devolto polo servidor móstrase no propio panel en lugar de pechalo como se funcionase
  • Improved: Reconstruída a bandexa de subida do xestor de activos cunha zona de soltar dedicada, un resumo en directo de «x de y subidos», unha acción «Baleirar finalizados» e filas por arquivo cunha barra de progreso, o tamaño transferido e o estado final
  • Fixed: Unha subida fallida no xestor de activos non daba ningunha indicación do que fallara – os arquivos demasiado grandes, os tipos de arquivo non permitidos e as sesións caducadas agora informan do motivo na fila do propio arquivo
  • Fixed: Unha cabeceira HTTP Range mal formada podía provocar unha advertencia de PHP, ou un erro fatal «Unsupported operand types» en PHP 8, ao servir unha descarga; agora as solicitudes de intervalo valídanse e respóndense cunha resposta 416 Requested Range Not Satisfiable cando non se pode servir o intervalo
  • Fixed: Unha descarga por intervalos transmitía o resto do arquivo máis alá do byte final solicitado, e un intervalo de sufixo ( p. ex. «bytes=-500», que significa os últimos 500 bytes ) calculábase mal
  • Security: Referencia directa insegura a obxectos para colaboradores ou superior no xestor de duplicación de paquetes – o xestor, enganchado a admin_init, comprobaba só a capacidade xenérica edit_posts, que ten todo colaborador, e unha acción nonce estática de todo o plugin que calquera usuario identificado podía obter desde un formulario da portada alleo; ningún dos dous está ligado ao paquete que se copia, así que un colaborador podía duplicar o paquete de calquera outro usuario e herdar as súas referencias a arquivos, restricións de acceso por perfil e bloqueo por contrasinal nunha copia propia da que podía eliminar todas as proteccións. Agora o xestor esixe a mesma capacidade que a acción de fila e a acción en lote de duplicar, engade unha comprobación edit_post sobre o paquete de destino e verifica un nonce específico do paquete

3.3.68 – 2026.08.20

  • Improved: Redeseñado o correo do informe de actividade cunha xerarquía máis clara – a cifra principal encabeza agora cada sección, as tarxetas de métricas comparten unha liña base común e cada sección ten un estado baleiro deseñado para que un período tranquilo se lea como intencionado
  • Improved: As táboas do informe de actividade agora expoñen cabeceiras de columna axeitadas aos lectores de pantalla, e as táboas de deseño márcanse como presentacionais
  • Security: Evasión da protección con contrasinal sen identificación mediante a conversión de tipos de PHP – a comprobación do contrasinal do paquete ( punto final REST validate-password ) usaba unha comparación laxa, polo que unha descarga protexida cun contrasinal totalmente numérico podía desbloquearse enviando unha cadea numérica equivalente ( p. ex. «1.23e2» en lugar de «123» ) sen coñecer o contrasinal real; agora a comprobación usa unha comparación estrita e segura fronte a ataques de tempo ( informado por Shikhali Jamalzade )
  • Security: A falta de autorización no punto final do menú de perfil público ( wpdm_get_profile_menu_content ) permitía que visitantes sen identificar lesen a lista de favoritos de calquera usuario rexistrado pasando un id de usuario arbitrario; agora o id do propietario do perfil queda ligado ao token de solicitude asinado e o xestor valida o menú solicitado, de modo que o contido do perfil só se pode cargar a través dunha páxina de perfil público auténtica ( informado por Harsh Sanghvi )

3.3.67 – 2026.07.30

  • Security: Cross-Site Scripting almacenado para colaboradores ou superior mediante os atributos icon e icon_width do shortcode [wpdm_category] – os valores dos atributos interpolábanse na etiqueta de imaxe sen escapar e podían saír do atributo src / style para inxectar un xestor onerror/onload; agora UI::img() escapa src con esc_url() e todos os demais atributos con esc_attr(), e o shortcode sanea a URL da icona na entrada ( informado por Wordfence )

3.3.66 – 2026.07.17

  • Security: Cross-Site Scripting almacenado para autores ou superior mediante o título do paquete – o título pasaba por stripcslashes() ao renderizarse, o que decodificaba secuencias de escape de estilo C converténdoas en marcado activo despois de que o saneamento ao gardar as aceptase; agora o título non se decodifica e escápase na saída ( informado por Yaswanth Reddy Sunkara )
  • Security: Eliminada a mesma decodificación de secuencias de escape da descrición e do extracto do paquete, que estaban expostos ao mesmo vector de XSS almacenado para autores ou superior; o extracto agora sanease con wp_kses_post() en lugar dun filtro que só eliminaba as etiquetas script
  • Security: O título do paquete e a URL da páxina agora escápanse onde se substitúen nos atributos da imaxe do código QR
  • Security: Eliminada a ruta REST POST /wpdm/view-count sen identificación, que permitía a calquera incrementar a meta do contador de vistas de calquera ID de entrada; a ruta non se usaba, xa que as vistas se rexistran mediante a acción ajax wpdm_view_count
  • Security: O xestor do contador de vistas agora verifica o seu nonce, que quedara comentado, e só acepta paquetes wpdmpro, así que a meta do contador xa non se pode crear en entradas e páxinas alleas

3.3.65 – 2026.07.12

  • Fixed: O shortcode [wpdm_changelog] renderizábase sen estilos porque o seu marcado se emitía sen o elemento contedor ao que a folla de estilos da portada limita todas as regras do rexistro de cambios

3.3.64 – 2026.07.12

  • Fixed: A etiqueta de modelo [changelog] renderizábase sen estilos porque a folla de estilos da portada aínda apuntaba a unha estrutura de marcado antiga – o contido das entradas ocultábase por completo, a liña do tempo non tiña deseño e as iconas renderizábanse co seu tamaño por defecto, desmesurado
  • Fixed: A alternancia do rexistro de cambios deixou de funcionar por completo en páxinas con máis dun rexistro de cambios, onde cada entrada recollía un xestor de clic duplicado que se cancelaba a si mesmo
  • Improved: Os botóns de alternancia do rexistro de cambios agora expoñen o seu estado expandido ás tecnoloxías de asistencia, e a versión máis recente destácase tanto no modo claro como no escuro

3.3.63 – 2026.07.06

  • New: Informes de actividade – correos de resumo semanais ou mensuais programados que cubren descargas, paquetes principais, elementos en tendencia, actividade dos usuarios, desglose por categorías e uso do almacenamento, con seccións, destinatarios e programación configurables e unha opción de informe de proba
  • New: Pestana de axustes de Cron Jobs que mostra estatísticas dos traballos en segundo plano, o historial de traballos e os eventos programados
  • Improved: Reconstruído o sistema de traballos en segundo plano con colas de traballos, prioridades, reintentos automáticos e bloqueo de traballos; os xestores de traballos agora están nunha lista de permitidos por seguridade
  • Improved: Os diálogos de confirmación herdados agora pasan polo sistema de diálogos de WPDM con estilo de botón axeitado e unha alternativa elegante cando o script de diálogos non está dispoñible
  • Fixed: A comprobación «requirir aprobación do administrador» agora aplícase a todos os fluxos de identificación, así que as contas sen aprobar xa non poden acceder a través de fluxos que omiten o parámetro de nome de usuario
  • Fixed: Advertencia de PHP por unha variable non definida durante a identificación
  • Fixed: A etiqueta de modelo [changelog] agora analízase nos modelos de páxina de paquete, así que a liña do tempo do rexistro de cambios se renderiza en lugar de imprimir a etiqueta sen procesar
  • Fixed: A etiqueta de modelo [hide_empty:tag] xa non se filtra ao marcado cando a etiqueta de destino ten un valor

3.3.62 – 2026.07.02

  • Improved: Xestión das ligazóns de descarga con caducidade
  • Improved: As ligazóns de descarga enviadas por correo e compartibles agora gárdanse nun almacén duradeiro e indexado en lugar de na meta da entrada, así que sobreviven ao baleirado da caché e xa non incham a meta dos paquetes
  • Improved: Indexouse a táboa de sesións e detívose a acumulación de filas duplicadas para axilizar a busca de tokens temporais e a limpeza
  • Security: Engadida contención contra a travesía de directorios no xestor de arquivos multimedia protexidos para que o parámetro wpdmmedia non poida resolverse a arquivos fóra do directorio de subidas
  • Security: A verificación do contrasinal de medios agora esixe que o elemento sexa privado cun contrasinal non baleiro e usa unha comparación estrita
  • Security: Reforzado o campo de redirección do formulario de acceso emerxente ( REQUEST_URI ) co escape de saída esc_url()
  • Security: Cross-Site Scripting almacenado con identificación (colaborador ou superior) mediante os atributos note_before e note_after do shortcode wpdm_reg_form ( informado por Wordfence )
  • Security: Os tokens temporais das ligazóns de descarga ( _wpdmkey ) agora xéranse cun xerador criptograficamente seguro en lugar de uniqid() ( informado por Pedro Pinho )
  • Security: As ligazóns de descarga emitidas despois dun bloqueo por contrasinal, captcha ou perfil agora quedan ligadas á sesión de orixe e xa non se poden reutilizar desde outro dispositivo ou sesión se a ligazón se filtra ( informado por Pedro Pinho )

3.3.61 – 2026.06.29

  • Fixed: Cross-Site Scripting almacenado con identificación (colaborador ou superior) mediante o atributo no_data_msg do shortcode wpdm_all_packages ( informado por Wordfence )

3.3.60 – 2026.06.28

  • Fixed: A páxina do historial de estatísticas xa non envía os enderezos IP de visitantes almacenados á API externa de xeolocalización cando a xestión de IP está desactivada ( __wpdm_noip )
  • Fixed: A páxina do historial de estatísticas agora carga os recursos locais de Select2 incluídos en lugar dun CDN externo ( reforzo da cadea de subministración )
  • Fixed: Escapouse a IP do visitante nas ligazóns de busca de ip-api.com da páxina do historial de estatísticas

3.3.59 – 2026.06.28

  • Fixed: Cross-Site Scripting almacenado con identificación (colaborador ou superior) mediante o atributo not_found do shortcode wpdm_packages ( informado por Wordfence )
  • Improved: Modernizados os diálogos de administración enrutando as ventás emerxentes de alerta/confirmación/popup e o xerador de contrasinais polo sistema de diálogos de WPDM
  • Improved: Redeseñada a páxina de complementos cunha IU moderna baseada en tarxetas
  • Improved: O filtro de categorías da páxina de complementos agora mostra o número de complementos de cada categoría
  • Fixed: As iconas de redes sociais nos modelos de correo xa non se renderizan cunha ligazón baleira cando a URL do perfil se deixa en branco

3.3.58 – 2026.06.16

  • New: Despregable de filtro por categoría na táboa de lista de paquetes
  • New: Columna «Vistas» ordenable na táboa de lista de paquetes
  • New: Acreditacións de estado integradas ( Sen arquivo anexo / Bloqueado / Contrasinal ) na lista de paquetes
  • New: Accións en lote para duplicar paquetes e restablecer o contador de descargas
  • Fixed: XSS reflectido mediante o parámetro REFERRER no iframe de bloqueo de descargas ( informado por Wordfence )

3.3.57 – 2026.05.28

  • Hardened: Úsase unha instrución preparada en TempStorage::get() como medida de defensa en profundidade contra a inxección SQL

3.3.56 – 2026.05.26

  • Actualización de compatibilidade con WorPress 7.0
  • Fixed: Problema de XSS na páxina do historial de descargas ( informado por Jungnickel, Luca Moritz )

3.3.55 – 2026.05.04

  • Improved: Clase Crypt
  • Improved: Función de saneamento

3.3.54 – 2026.04.15

  • Fixed: Cross-Site Scripting almacenado con identificación (colaborador ou superior) mediante atributos de shortcode ( informado por Patchstack )
  • Fixed: Un problema de IU cos axustes de arquivo do xestor de activos

3.3.53 – 2026.04.08

  • Fixed: Cross-Site Scripting almacenado con identificación (colaborador ou superior) mediante a entrada de icona ( informado por Wordfence )

3.3.52 – 2026.03.27

  • Fixed: Falta de autorización para a eliminación da protección de arquivos multimedia por parte de usuarios identificados (colaborador ou superior) ( informado por Wordfence )

3.3.51 – 2026.02.19

  • Improved: Modelos de páxina
  • Fixed: Problema co formulario de acceso emerxente

3.3.50 – 2026.02.16

  • Fixed: Falta de autorización para a enumeración de correos electrónicos de usuarios por parte de usuarios identificados (subscritor ou superior) mediante o parámetro «user» ( informado por Wordfence )

3.3.49 – 2026.02.16

  • Fixed: Problemas coa selección de cores da interface de usuario
  • Fixed: Corrixido un problema coa validación do correo electrónico antes da descarga
  • Improved: Todos os modelos de páxina

3.3.48 – 2026.02.06

  • Fixed: Un problema coa ventá emerxente das opcións de bloqueo

3.3.47 – 2026.02.06

  • Fixed: Vulnerabilidade de seguridade – XSS reflectido no parámetro de redirección do formulario de acceso
  • Added: Novo sistema de diálogos emerxentes con compatibilidade para a carga de contido AJAX
  • Improved: IU da portada

3.3.46 – 2026.01.15

  • Redeseñados os modelos de correo electrónico
  • Mellorada a compatibilidade cos modos claro/escuro

3.3.45 – 2026.01.13

  • Engadidos 2 novos modelos de ligazón: Glassmorphism Card e Spotlight Hero
  • Engadido un widget de proba de reCAPTCHA nos axustes de administración para verificar a configuración
  • Engadidas mensaxes de erro detalladas con orientación para a resolución de problemas dos erros de reCAPTCHA
  • Engadida unha advertencia sobre a restrición de referente HTTP para as claves da API de reCAPTCHA
  • Melloradados os modelos de correo electrónico

3.3.44 – 2026.01.07

  • Migrouse reCAPTCHA á API de reCAPTCHA Enterprise para mellorar a seguridade e a protección contra bots
  • Engadido o campo ID de proxecto de Google Cloud nos axustes de reCAPTCHA
  • Actualizada a verificación de reCAPTCHA para usar a API de avaliacións de Google Cloud

3.3.43 – 2026.01.06

  • Corrixido o problema de que a redirección á páxina de benvida non se activaba ao activar o plugin
  • Engadida a ligazón «Reiniciar o asistente de configuración» á páxina de accións rápidas
  • Mellorada a fiabilidade da redirección de activación

3.3.42 – 2026.01.06

  • Eliminada a redirección automática á páxina de acceso de wpdm
  • Redeseñada a páxina de benvida/incorporación cunha IU moderna baseada en tarxetas
  • Mellorada a experiencia de configuración para usuarios novos

3.3.41 – 2026.01.04

  • Improved: IU da portada
  • Fixed: Vulnerabilidade de seguridade en Crypt.php – Tratado o vector de ataque de manipulación de bits en CBC implementando comprobacións axeitadas de identificación/integridade para os datos cifrados ( informado por Wordfence )

3.3.40 – 2025.12.26

  • Corrixido un problema coa táboa de todos os paquetes
  • Mellorada a IU da portada e da administración

3.3.39 – 2025.12.23

  • Corrixido un erro fatal coa clase Session durante a inicialización temperá de WordPress
  • Engadidas alternativas para funcións de WordPress non dispoñibles durante a carga do plugin
  • Mellorada a compatibilidade con varias configuracións de servidor

3.3.38 – 2025.12.23

  • Engadida a opción Esquema de cor (Sistema/Claro/Escuro) nos axustes da IU
  • Modernizado o CSS da portada con compatibilidade co modo escuro
  • Engadido un compoñente de rexistro de cambios para subidas de arquivos con IU de liña do tempo
  • Corrixido un problema coa vista previa das fontes de Google
  • Mellorado o rendemento da xeración de ligazóns de descarga precargando as cachés de meta
  • Optimizada a clase Session con caché en memoria e instrucións preparadas
  • Optimizada a clase Query con precarga de caché e buscas de termos en lote

3.3.37 – 2025.12.17

  • Mellorada a interface de administración para ofrecer unha mellor experiencia de usuario

3.3.36 – 2025.12.11

  • Mellorado o selector de arquivos do servidor
  • Renovada a IU de administración para unha experiencia de usuario máis fluída
  • Actualizada a renderización da descrición do paquete con mellores modelos de ligazón

3.3.35 – 2025.12.11

  • Corrixido un problema coa renderización da descrición do paquete.

3.3.34 – 2025.12.10

  • Corrixido un problema coa opción de bloqueo por termos.

3.3.33 – 2025.12.08

  • Corrixido o problema de comprobación do nonce coa función de protección de medios ( informado por Wordfence )
  • Mellorada a IU da portada e da administración

3.3.32 – 2025.11.05

  • Corrixido un problema co selector de arquivos do xestor de activos

3.3.31 – 2025.11.05

  • Melloradas as funcións de cron
  • Melloradas as características de detección de bloqueadores de anuncios

3.3.30 – 2025.10.28

  • Corrixido un problema coas funcións de cron ( informado por Wordfence )
  • Engadida unha nova opción para mostrar mensaxes personalizadas e desactivar a ligazón de descarga cando se detectan extensións de bloqueo de anuncios.

3.3.29 – 2025.10.20

  • Corrixido un problema coa paxinación do xestor de activos

3.3.28 – 2025.10.15

  • Corrixido un problema coa ventá emerxente das opcións da ligazón de descarga

3.3.27 – 2025.10.09

  • Corrixido o problema de visualización da ventá emerxente Generate Download Link

3.3.26 – 2025.10.07

  • Corrixido un problema de CSS coa barra de desprazamento do xestor de activos
  • Corrixido un problema coas opcións de filtrado das estatísticas
  • Actualizadas as integracións de vue js

3.3.25 – 2025.10.01

  • Eliminada a dependencia de bootstrap
  • Actualizado vue js
  • Corrixido un problema coa activación do complemento premium package ( informado por Ananda Dhakal de Patchstack )
  • Corrixido un problema co iframe da opción de bloqueo ( informado por Ananda Dhakal de Patchstack )

3.3.24 – 2025.09.16

  • Corrixido un problema coa páxina de estatísticas de descarga ( informado por Wordfence )

3.3.23 – 2025.09.04

  • Mellorada a páxina de estatísticas de descarga

3.3.22 – 2025.09.01

  • Corrixido un problema de saneamento co shortcode de todas as descargas
  • Mellorada a rutina de cron

3.3.21 – 2025.08.21

  • Mellorado o escritorio de usuario da portada

3.3.20 – 2025.08.06

  • Corrixido un problema de compatibilidade con IPv6 nos datos de estatísticas de wpdm

3.3.19 – 2025.06.18

  • Corrixido un problema de saneamento co atributo alt da imaxe na función wpdm_thumb ( informado por Wordfence )

3.3.18 – 2025.06.10

  • Mellorada a función de validación de MimeType
  • Corrixido un problema de saneamento do contido das entradas

3.3.17 – 2025.05.07

  • Corrixido un problema de compatibilidade coa integración de Dropbox

3.3.16 – 2025.05.07

  • Corrixido un problema coa función getMimeType

3.3.15 – 2025.05.01

  • Corrixido un problema coa función de validación de URL
  • Corrixido un problema co formulario de acceso emerxente

3.3.14 – 2025.04.21

  • Mellorada a función de detección do tipo MIME
  • Actualización de compatibilidade con WorPress 6.8

3.3.13 – 2025.04.17

  • Melloradas as funcións de subida de arquivos, engadida validación do tipo de arquivo subido ( problema informado por siavashvafshar )
  • Corrixido un problema coa eliminación de arquivos ( problema informado por Brian Sans-Souci e the sneaky squirrel )

3.3.12 – 2025.04.07

  • Mellorado o código base
  • Resolto un problema ao anexar arquivos desde o almacenamento na nube

3.3.11 – 2025.03.24

  • Mellorada a función de validación de URL

3.3.10 – 2025.03.23

  • Corrixido un problema coas funcións que xestionan arquivos multimedia protexidos con contrasinal

3.3.09 – 2025.03.10

  • Mellorada a IU da portada
  • Corrixido un problema co xestor de activos ( informado por Wordfence )

3.3.08 – 2025.02.05

  • Corrixido un problema coa tradución
  • Mellorada a función de saneamento

3.3.07 – 2025.01.24

  • Mellorada a IU da portada
  • Corrixido un problema coa navegación por directorios

3.3.06 – 2025.01.15

  • Eliminado FontAwesome da portada
  • Corrixido un problema co formulario de acceso

3.3.05 – 2025.01.08

  • Eliminado bootstrap para minimizar a sobrecarga de javascript e css
  • Melloradas as opcións da IU

3.3.04 – 2024.12.05

  • Corrixido un problema coa función de control de acceso aos medios ( informado por Rafie Muhammad de Patchstack )
  • Corrixido un problema coa páxina shortcode-iframe ( informado por Emiliano Versini a Wordfence )
  • Corrixido un problema co bloqueo por contrasinal ( informado por mikemyers a Wordfence )

3.3.03 – 2024.11.27

  • Corrixido un problema co saneamento de entradas nos axustes da IU

3.3.02 – 2024.10.29

  • Corrixido un problema coa opción de actualización da base de datos

3.3.01 – 2024.10.29

  • Corrixido un problema cos axustes da interface de usuario
  • Engadido un xestor de cron personalizado para xestionar de forma eficiente os distintos traballos cron de wpdm

3.3.00 – 2024.10.09

  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros co shortcode [wpdm_login_form]

3.2.99 – 2024.09.13

  • Melloradas as opcións dos axustes
  • Corrixido un problema de saneamento de entradas ( informado por Animesh de WPScan )

3.2.98 – 2024.07.28

  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros de shortcode co shortcode de todas as descargas ( informado por Jack Taylor de Wordfence )

3.2.97 – 2024.07.08

  • Actualización de compatibilidade con WorPress 6.6

3.2.96 – 2024.06.10

  • Corrixido un problema co editor de modelos de correo electrónico
  • Actualizados os modelos de correo electrónico

3.2.95 – 2024.06.04

  • Corrixido un problema co shortcode wpdm_all_packages

3.2.94 – 2024.06.03

  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros co shortcode wpdm_modal_login_form

3.2.93 – 2024.06.03

  • Corrixido un problema de saneamento de entradas co shortcode wpdm_all_packages ( informado por WordFence )
  • Corrixido un problema coa validación da clave mestra
  • Engadida a opción de activar/desactivar o correo electrónico

3.2.92 – 2024.05.03

  • Mellorada a opción de protección de arquivos da biblioteca multimedia

3.2.91 – 2024.05.03

  • Corrixido un problema coa función de comprobación de rutas permitidas na clase do sistema de arquivos
  • Corrixido un problema coa función de protección da biblioteca multimedia
  • Corrixido un problema de saneamento de entradas co shortcode de todos os paquetes/descargas

3.2.90 – 2024.04.18

  • Corrixido un problema de seguridade coa descarga de arquivos multimedia protexidos

3.2.89 – 2024.03.27

  • Corrixido un problema de javascript co formulario de acceso
  • Corrixido un problema de IU co control de acceso aos medios

3.2.88 – 2024.03.19

  • Corrixido un conflito de plugins co shortcode do formulario de acceso

3.2.87 – 2024.03.18

  • Corrixido un problema co shortcode da ligazón de categoría
  • Corrixido un problema coa ligazón de descarga de paquetes privados
  • Corrixido un problema co cálculo do tamaño dos arquivos
  • Mellorada a función de saneamento de entradas
  • Corrixido un problema coa ruta do directorio base do navegador de arquivos en servidores Windows
  • Corrixido un problema de XSS coa páxina de edición de perfil da portada

3.2.86 – 2024.02.24

  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros de shortcode cos shortcodes de categoría e de descarga directa

3.2.85 – 2024.02.20

  • Engadida unha nova opción para buscar iconas de paquetes en liña
  • Corrixidos problemas de saneamento de entradas cos parámetros de shortcode
  • Mellorada a clase WPDM Query

3.2.84 – 2024.01.16

  • Engadida unha nova opción para activar/desactivar a validación da robustez do contrasinal durante o rexistro

3.2.83 – 2023.12.01

  • Corrixido un problema coa validación do contrasinal dos arquivos protexidos con contrasinal

3.2.82 – 2023.11.15

  • Introducida unha nova constante WPDM_TAG para cambiar o nome da taxonomía de etiquetas de wpdm
  • Corrixido o problema da ordenación por tamaño de arquivo na táboa de todas as descargas

3.2.81 – 2023.11.01

  • Engadido un indicador de robustez do contrasinal co campo de contrasinal no formulario de rexistro
  • Engadida unha opción para desactivar a ligazón de descarga mestra

3.2.80 – 2023.09.22

  • Corrixido un problema de texto que faltaba no arquivo de tradución
  • Optimizado o código base

3.2.79 – 2023.09.19

  • Actualizados os modelos de correo electrónico
  • Actualización de compatibilidade coas novas directrices de plugins de WordPress

3.2.78 – 2023.09.13

  • Corrixido un problema coa función de comprobación de anexado de arquivos

3.2.77 – 2023.09.13

  • Corrixido un problema co formulario de acceso emerxente
  • Mellorada a opción de anexado de arquivos
  • Actualizado font awesome
  • Corrixido un problema coa clase de xestión do axente de usuario

3.2.76 – 2023.07.31

  • Corrixido un problema co conflito de sesión de wpdm entre cliente e servidor

3.2.75 – 2023.07.31

  • Actualización de compatibilidade con WordPres 6.3
  • Corrixido un problema cos arquivos multimedia protexidos con contrasinal
  • Mellorado o xestor de activos

3.2.74 – 2023.07.11

  • Engadido un novo gancho para controlar os estilos da portada
  • Engadido un parámetro de shortcode para engadir unha mensaxe personalizada que mostrar cando non se atopa ningún paquete

3.2.73 – 2023.06.14

  • Melloradas as opcións de administración dos modelos de ligazón/páxina
  • Melloradas as opcións de axustes de páxinas

3.2.72 – 2023.05.19

  • Melloradas as estatísticas de descarga
  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros de shortcode coa táboa de todas as descargas e o formulario de acceso emerxente

3.2.71 – 2023.05.01

  • Corrixido un problema coa opción de bloqueo por contrasinal e as ligazóns de descarga con caducidade
  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros co shortcode de membros
  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros co shortcode do formulario de acceso
  • Corrixido un problema de saneamento de parámetros co shortcode do formulario de rexistro
  • Corrixido un problema de codificación de caracteres cos contrasinais dos arquivos
  • Introducidas 3 constantes WPDM_DISABLE_REMOTE_URL_ATTACHMENT, WPDM_DISABLE_MEDIA_ATTACHMENT, WPDM_DISABLE_SERVER_FILE_ATTACHMENT, por se queres desactivar algunha das opcións de anexado de arquivos

3.2.70 – 2023.03.30

  • Optimizado o modelo de ligazón/páxina
  • Actualización de compatibilidade con WordPress 6.2

3.2.69 – 2023.03.15

  • Redeseñada a IU dos axustes de administración
  • Corrixido un problema coa opción de bloqueo por contrasinal

3.2.68 – 2023.03.09

  • Mellorado o xestor de activos
  • Corrixido un problema co control de acceso aos medios

3.2.67 – 2023.02.12

  • Corrixido un problema de paxinación co xestor de activos

3.2.66 – 2023.01.23

  • Corrixido un problema coa función de rexistro de usuarios
  • Engadida compatibilidade coa paxinación no xestor de activos
  • Engadida a opción de busca de arquivos no xestor de activos
  • Mellorada a función de subida de arquivos

3.2.65 – 2023.01.04

  • Melloradados os modelos de correo electrónico
  • Mellorado o código base interno

3.2.64 – 2022.12.27

  • Corrixido un problema na páxina de axustes xerado desde a versión anterior

3.2.63 – 2022.12.27

  • Corrixido un problema de saneamento de entradas coa función do campo de opción de selector de imaxes
  • Corrixido un problema co dominio de texto

3.2.62 – 2022.12.19

  • Corrixido un problema de saneamento de entradas co shortcode do formulario de acceso emerxente
  • Engadido un novo modelo de ligazón

3.2.61 – 2022.12.11

  • Mellorada a xestión de sesións
  • Introducida unha URL de cron personalizada ( Axustes >> Privacidade >> Caché & estatísticas ) para baleirar a caché; podes usar a URL

3.2.60 – 2022.11.29

  • Corrixido un problema de validación de entradas coa barra de busca nos shortcodes de wpdm
  • Engadido un novo modelo de páxina

3.2.59 – 2022.11.02

  • Melloradas as opcións de administración
  • Corrixido un aviso co shortcode da táboa de todos os arquivos

3.2.58 – 2022.10.17

  • Corrixido un problema coa ordenación por número de descargas no shortcode de paquetes
  • Corrixido un problema coa recuperación da ruta absoluta en servidores Windows

3.2.57 – 2022.09.22

  • Corrixido un problema coa función do contador de vistas

3.2.56 – 2022.09.08

  • Corrixido o problema de distinción entre maiúsculas e minúsculas nas extensións de arquivo

3.2.55 – 2022.08.31

  • Corrixido un problema coa selección do directorio raíz do navegador de arquivos
  • Corrixido un problema coa codificación de URL

3.2.54 – 2022.08.22

  • Mellorado o xestor de activos
  • Actualizado font awesome
  • Corrixidos algúns problemas de saneamento de entradas e de escape de saída

3.2.53 – 2022.08.03

  • Corrixido un problema co saneamento de REQUEST_URI no formulario de acceso emerxente

3.2.52 – 2022.07.28

  • Corrixido un problema coa opción de inserir URL

3.2.51 – 2022.07.27

  • Revalidouse o arquivo anexo para evitar anexar calquera tipo de arquivo bloqueado

3.2.50 – 2022.07.26

  • Engadida a opción de permitir/non permitir IP de proxy, non permitidas por defecto

3.2.49 – 2022.07.06

  • Corrixidos varios problemas de XSS persistente con identificación, grazas especiais a m0ze

3.2.48 – 2022.07.03

  • Mellorada a IU de administración
  • Revisouse o código e corrixíronse 2 problemas con esc attr

3.2.47 – 2022.06.30

  • Corrixido un problema de filtrado de entradas coa opción Inserir URL

3.2.46 – 2022.06.29

  • Corrixido un problema de filtrado de entradas coa opción Inserir URL

3.2.45 – 2022.06.23

  • Actualización interna do código base

3.2.44 – 2022.06.23

  • Melloradas as opcións dos modelos de correo electrónico
  • Melloras internas do código base
  • Corrixidos 2 problemas de saneamento de entradas co historial de descargas e o modelo do formulario de acceso

3.2.43 – 2022.06.02

  • Corrixido un problema de saneamento de entradas co iframe de shortcode

3.2.42 – 2022.05.31

  • Actualización de compatibilidade con WordPress 6.0
  • Mellorado o xestor de activos
  • Mellorado o modelo de correo electrónico por defecto
  • Melloradas as estatísticas e o historial

3.2.41 – 2022.05.04

  • Mellorada a IU de select2
  • Corrixido un problema coa detección da ruta dos modelos
  • Corrixido o problema de validación do contrasinal co bloqueo por contrasinal
  • Corrixido un erro de ssl coa etiqueta de modelo do código QR
  • Corrixido o problema de descarga de arquivos cando o nome do arquivo comeza con espazo

3.2.40 – 2022.04.12

  • Corrixido un problema co formulario de restablecemento de contrasinal

3.2.39 – 2022.03.14

  • Mellorada a opción da clave mestra
  • Corrixido un problema coa variable css da fonte web de Google

3.2.38 – 2022.03.08

  • Mellorada a táboa de todas as descargas, engadida compatibilidade co complemento wpdm acf

3.2.37 – 2022.02.17

  • Actualización de compatibilidade con wp 5.9
  • Melloradas as opcións de administración
  • Corrixido un problema co shortcode de categoría

3.2.36 – 2022.02.02

  • Axustado un problema de retrocompatibilidade con versións antigas de php
  • Corrixidos varios problemas de escape de variables

3.2.35 – 2022.01.25

  • Corrixido un problema coa validación do contrasinal

3.2.34 – 2022.01.11

  • Corrixido un problema de saneamento de datos na páxina de estatísticas
  • Optimizadas as chamadas á API json

3.2.33 – 2022.01.11

  • Optimización do código base
  • Cambiouse o nome de WordPress Download Manager a Download Manager

3.2.32 – 2021.12.21

  • Corrixido un problema de compatibilidade con complementos de wpdm

3.2.31 – 2021.12.21

  • Melloradas as opcións de saneamento de entradas

3.2.30 – 2021.12.27

  • Melloradas as opcións de saneamento de entradas

3.2.29 – 2021.12.24

  • Corrixido un aviso de índice non definido na páxina de descarga

3.2.28 – 2021.12.24

  • Corrixidos varios problemas de saneamento de entradas

3.2.27 – 2021.12.20

  • Mellorada a páxina de complementos

3.2.26 – 2021.12.09

  • Axustados algúns problemas de saneamento de datos

3.2.25 – 2021.12.06

  • Mellorada a IU de administración

3.2.24 – 2021.11.26

  • Corrixido o problema da ruta de arquivo de wpdm-admin.js

3.2.23 – 2021.11.25

  • Corrixidos algúns problemas de saneamento
  • Eliminada a biblioteca chosen js, agora usamos select2

3.2.22 – 2021.11.24

  • Corrixido un problema de seguridade co editor de modelos de correo electrónico

3.2.21 – 2021.11.23

  • Engadida a opción de eliminar arquivos do servidor
  • Mellorada a IU de administración
  • Corrixido un problema coa opción de almacenamento temporal

3.2.20 – 2021.10.24

  • Engadida unha función para baleirar o almacenamento temporal e os datos de sesión co botón Clear All Cache
  • Melloradas as opcións da IU

3.2.19 – 2021.10.21

  • Corrixido un problema co axuste de almacenamento en caché

3.2.18 – 2021.10.06

  • Eliminada a dependencia de mbstring

3.2.17 – 2021.10.06

  • Corrixido un problema de saneamento coa cookie de cliente de wpdm
  • Corrixido un problema de variable js non definida co formulario de acceso emerxente

3.2.16 – 2021.09.27

  • Corrixido un problema coa función de paxinación
  • Mellorada a clase UI
  • Mellorados os shortcodes de categoría e paquetes
  • Fixed package …