WooCommerce

DescriciĂłn

WooCommerce Ă© a plataforma de comercio electrĂłnico de cĂłdigo aberto para WordPress.

A nosa plataforma central é gratuíta e flexible, e ampliouse grazas á comunidade global. A liberdade que proporciona o código aberto significa que poderás conservar a propiedade completa do contido e os datos da túa tenda para sempre.

Tanto se emprendes un negocio como se realizas a actividade comercial en tendas físicas en liña ou desenvolves sitios para clientes, utiliza WooCommerce para que a túa tenda poida aproveitar a combinación de contido e comercio.

TODAS AS FERRAMENTAS QUE NECESITAS PARA VENDER

As ferramentas incorporadas e as integracións coñecidas axudaranche a xestionar de maneira eficiente as túas operacións comerciais. Podes engadir moitos servizos gratuitamente mediante un só clic a través do asistente de configuración opcional.

  • Elixe como queres que che paguen. Xestiona facilmente os pagos desde a comodidade da tĂşa tenda con WooCommerce Payments (Dispoñible nos EEUU, Reino Unido, Irlanda, Australia, Nova Zelanda, Canadá, España, Francia, Alemaña e Italia). Acepta de maneira segura tarxetas de crĂ©dito, moedeiros mĂłbiles, transferencias bancarias e efectivo grazas a máis de 100 pasarelas de pago – incluĂ­ndo Stripe, PayPal e Square.
  • Configura as tĂşas opciĂłns de envĂ­o. Imprime etiquetas de USPS desde o teu escritorio e incluso programa recollidas con WooCommerce Shipping (sĂł nos EEUU). Conecta con transportistas coñecidos como UPS e FedEx – ademais dunha ampla variedade de soluciĂłns de entrega, inventario e subministraciĂłn para o teu negocio local.
  • Simplifica os impostos de vendas. Engade WooCommerce Tax ou servizos similares integrados para que os cálculos automatizados se convirtan en realidade.

Fai crecer o teu negocio, engade caracterĂ­sticas, e fai seguimento da tĂşa tenda sobre a marcha

WooCommerce significa negocio. Mantén un ollo nas métricas de rendemento máis importantes para ti cun potente e flexible escritorio central integrado en WooCommerce.

Amplía a túa audiencia a través das canles sociais e de mercadotecnia con Google Ads , HubSpot, Mailchimp e Facebook. Sempre podes consultar o Centro de márketing do panel de control para obter ideas e consellos novos que che axuden a ter éxito.

Mellora a funcionalidade da tenda con centos de extensións gratuítas e de pago do mercado de WooCommerce. Os nosos desenvolvedores revisan cada nova extensión e revisan regularmente as extensións existentes para manter os estándares de calidade do mercado. Estamos activamente buscando produtos que axuden aos maquetadores a crear tendas exitosas.

Xestiona a tĂşa tenda desde calquera sitio coa aplicaciĂłn para dispositivos mĂłbiles (Android e iOS) de WooCommerce. Alerta de spoiler: intenta obviar o aditivo son de notificaciĂłn cada vez que consigas unha nova venda.

Posúe e controla os datos da túa tienda – sempre

Con WooCommerce, os teus datos son teus. Sempre.

Se optas por compartir datos sobre o uso con nós, podes estar seguro de que seguirán sendo anónimos e estarán protexidos. Podes desactivar a opción de compartir datos sobre o uso sen que afecte á túa tenda.

A diferencia das solucións de comercio electrónico aloxadas, os datos dunha tenda WooCommerce están preparadas para o futuro; es libre de exportar todo o teu contido e levar o teu sitio a calquera plataforma que escollas. Sen restricións.

Por que os desenvolvedores elixen (e encántalles) WooCommerce

Os desenvolvedores poden usar WooCommerce para crear, personalizar e escalar unha tenda para cumprir coas especificacións exactas dun cliente, e realizar melloras a través de extensións ou solucións personalizadas.

  • Aproveita os ganchos e filtros para modificar ou crear a funcionalidade.
  • Integra practicamente calquera servizo mediante unha API REST sĂłlida e webhooks.
  • Deseña e crea bloques de contido personalizados con React.
  • Inspecciona e modifiqua calquera aspecto do cĂłdigo do plugin principal.
  • Acelera o desenvolvemento cunha CLI ultrarrápida.

A plataforma central prĂłbase de forma rigurosa e frecuente co apoio dun equipo de desenvolvemento dedicado que traballa en distintas zonas horarias. A documentaciĂłn completa actualĂ­zase con cada versiĂłn, o que che permite crear exactamente a tenda que necesitas.

SĂ© parte dunha comunidade internacional crecente

WooCommerce dispón dunha comunidade grande e apaixonada dedicada a axudar aos vendedores a acadar o éxito – e está crecendo rapidamente.

Hai encontros de WooCommerce en cidades en todo o mundo aos que podes asistir gratis e nos que podes participar para a posta en marcha. Estes eventos son unha forma fantástica de aprender dos demais, compartir os teus coñecementos e encontrar xente con intereses comúns.

WooCommerce tamén está presente normalmente nas WordCamps de todo o mundo. Encantaríanos verte alí.

ContribĂşe e traduce

Automattic, a empresa creadora de WordPress.com e Jetpack, é a encargada do desenvolvemento e soporte de WooCommerce. Tamén contamos coa axuda dunha gran cantidade de colaboradores independentes, e segue habendo espazo para moitos máis. Diríxete ao repositorio de GitHub de WooCommerce para ver como podes colaborar.

WooCommerce traduciuse a varios idiomas, incluídos o danés, o ucraniano e o persa. Axúdanos a mellorar a tradución de WooCommerce engadindo o teu idioma: visita translate.wordpress.org.

ConexiĂłn con WooCommerce.com

Podes conectar a túa tenda con WooCommerce.com para xestionar as túas suscripcións en WooCommerce Marketplace e recibir actualizacións de produtos se sair do administrador de WordPress. A conexión tamén activa a instalación dos produtos comprados dende WooCommerce.com e axiliza o acceso ao soporte técnico. Se queres saber máis sobre qué datos se recopilan e cómo se usan, consulta a nosa política de privacidade.

Capturas

InstalaciĂłn

Requisitos mĂ­nimos

  • A versiĂłn PHP 7.4 ou superior (RecomĂ©ndase a versiĂłn PHP 8.0 ou superior) Ă© necesaria
  • É necesario MySQL 5.5.5 ou superior, OU MariaDB versiĂłn 10.1 ou superior
  • WordPress 7.0 ou superior
  • (Recomendado) LĂ­mite de memoria de WordPress de 256 MB ou máis.
  • (Recomendado) Compatibilidade con HTTPS.

Instalación automática

A instalaciĂłn automática Ă© a opciĂłn máis sinxela — WordPress xestionará as transferencias de arquivos e non terás que saĂ­r do teu navegador web. Para facer unha instalaciĂłn automática de WooCommerce, accede ao teu escritorio de WordPress, vai ao menĂş de plugins e fai clic en «Engadir novo».

No campo de busca teclea «WooCommerce» e fai clic en «Buscar plugins». Unha vez que nos encontres, podes ver os detalles, como a versión, a clasificación e a descrición. O máis importante, por suposto, é que poidas instalalo! Fai clic en «Instalar agora» e WordPress encargarase diso.

InstalaciĂłn manual

O método de instalación manual implica descargar o complemento de WooCommerce e subilo ao servidor usando a túa aplicación FTP favorita. O codex de WordPress inclúe instrucións sobre como facelo aquí.

Actualizando

As actualizacións automáticas deberían funcionar sen problemas, pero aínda así recomendámosche que fagas unha copia de seguridade do teu sitio.

Se por algunha razĂłn tes problemas coas páxinas da tenda/categorĂ­a despois da actualizaciĂłn, sĂł tes que forzar as ligazĂłns permanentes, indo a WordPress & gt; Axustes & gt; LigazĂłns permanentes e premendo en “Gardar”. Isto deberĂ­a volver á normalidade.

Datos de mostra

WooCommerce vén con algúns datos de mostra que podes usar para ver que aspecto teñen os produtos; importa o arquivo «sample_products.xml» co importador de WordPress. Tamén podes usar o importador CSV do núcleo ou a nosa extensión de solución completa de importación CSV para importar o arquivo «sample_products.csv»

Preguntas frecuentes

Onde podo atopar a documentaciĂłn de WooCommerce e as guĂ­as de usuario?

Para obter axuda para configurar WooCommerce, consulta a guĂ­a de inicio e a nova guĂ­a para propietarios de tendas de WooCommerce.

Para ampliar ou aplicar un tema a WooCommerce, consulta a nosa documentación, así como a prácticas recomendadas do desenvolvemento de plugins.

Onde poido obter axuda ou falar con outros usuarios sobre o nĂşcleo de WooCommerce?

Se continúas tendo problemas, podes solicitar axuda no foro de soporte de WooCommerce seguindo estas directrices, contactar a través do Slack da comunidade de WooCommerce ou publicar unha entrada no grupo da comunidade de WooCommerce en Facebook.

Onde poido obter axuda para as extensiĂłns que comprei no mercado de WooCommerce?

Para obter axuda en relación coas extensións de pago de WooCommerce Marketplace: primeiro, revisa a nosa guía de solución de problemas de autoservizo. Se o problema continúa, rexistra un tícket de soporte a través do noso servizo de asistencia. Os nosos Happiness Engineers responderanche nun prazo de 24 horas.

Estou tendo problemas ao acceder a WooCommerce.com – que fago?

Primeiro, soluciona os problemas de inicio de sesiĂłn frecuentes mediante esta Ăştil guĂ­a paso a paso. Segue sen funcionar? Ponte en contacto con nĂłs.

WooCommerce funcionará co meu tema?

Si. WooCommerce funcionará con calquera tema, pero é posible que requira algún estilo adicional. Se buscas un tema que ofreza unha integración profunda con WooCommerce, recomendamos Storefront.

Como actualizo WooCommerce?

Dispomos dunha guĂ­a detallada sobre como actualizar WooCommerce.

O meu sitio está roto – que fago?

Primeiro diagnostica o problema mediante a nosa Ăştil guĂ­a de soluciĂłn de problemas.

Se detectaches o erro despois de actualizar un tema ou un plugin, é posible que teñas problemas de compatibilidade entre eles e WooCommerce. Se o problema apareceu despois de actualizar WooCommerce, é posible que teñas un conflicto entre WooCommerce e un tema ou un plugin obsoletos.

En ámbalas instancias, recomendamos realizar unha proba de conflitos mediante Health Check (que che permite deshabilitar temas e plugins sen que afecte aos visitantes) ou aplicar a solución de problemas mediante un sitio de probas.

Onde pudo informar de fallos?

Informa dos erros no repositorio de GitHub de WooCommerce. Tamén podes informarnos a través do foro de soporte. Busca o erro nos foros para asegurarte de que non se informara xa del.

Onde podo solicitar novas funciĂłns, temas e extensiĂłns?

Solicita novas funcións e extensións, e vota as suxestións existentes no noso panel de ideas oficial. Os nosos equipos de produtos revisan regularmente as solicitudes e téñenas en conta na planificación dos produtos.

WooCommerce Ă© incrible! Podo contribuĂ­r?

Si, podes! Ăšnete ao noso repositorio en GitHub e segue o blog de desenvolvemento para estar ao dĂ­a de todo o que pasa no proxecto.

Onde podo atopar a documentaciĂłn da API REST?

Está dispoñible unha extensa documentación da API REST de WooCommerce.

A miña pregunta non está nesta lista. Onde poido encontrar máis respostas?

Bota unha ollada ás preguntas frecuentes para máis información.

Comentarios

21 de Novembro de 2026 2 respostas
I really enjoy using this excellent plugin
17 de Novembro de 2026 1 resposta
Wordpress ecommerce means woocommerce
26 de Outubro de 2026 1 resposta
WooCommerce is a great tool for creating online stores. Its flexibility and open-source approach make it useful for both beginners and experienced developers.
Ler todas as 4.834 opiniĂłns

Rexistro de cambios

11.3.1 2026-11-19

WooCommerce

  • CorrecciĂłn – Aplica as restriciĂłns de mĂ©todo de envĂ­o e de pedido virtual das pasarelas de pago sen conexiĂłn ao pagar un pedido existente a travĂ©s da Store API.
  • CorrecciĂłn – Aplica as zonas de envĂ­o e os tipos de imposto do estado na finalizaciĂłn da compra clásica cando o estado se introduce polo nome en lugar do cĂłdigo.
  • CorrecciĂłn – Aplica os tipos de imposto e as tarifas de envĂ­o do estado correctos aos pedidos da finalizaciĂłn da compra con bloques e rexeita os estados e cĂłdigos postais que non son válidos para o paĂ­s.
  • CorrecciĂłn – Calcula o envĂ­o na finalizaciĂłn da compra cando a cidade ou o estado do enderezo Ă© 0.
  • CorrecciĂłn – As URL das ligazĂłns de finalizaciĂłn da compra agora levan un token que sĂł copia o carriño a outro navegador, sen os datos do cliente.
  • CorrecciĂłn – Comproba que os elementos do pedido coinciden co tipo agardado ao actualizar pedidos a travĂ©s da API REST.
  • CorrecciĂłn – Corrixe os nĂşmeros de versiĂłn do modelo de detalle do pedido para WooCommerce 11.3.1.
  • CorrecciĂłn – Non nomees os produtos sen publicar, nin os seus atributos, nos erros de engadir ao carriño
  • CorrecciĂłn – As ligazĂłns de confirmaciĂłn do correo electrĂłnico en A miña conta agora piden o contrasinal da conta antes de confirmar un enderezo.
  • CorrecciĂłn – Ignora as claves de perfil de usuario, capacidade e sesiĂłn enviadas como metadatos do cliente a travĂ©s da API REST.
  • CorrecciĂłn – Mellora como se contan na finalizaciĂłn da compra os lĂ­mites de uso de cupĂłns por usuario.
  • CorrecciĂłn – Mellora como a páxina do produto le os valores dos atributos das variaciĂłns.
  • CorrecciĂłn – Mellora a xestiĂłn do pago dos pedidos existentes.
  • CorrecciĂłn – Mellora as comprobaciĂłns de permisos dalgĂşns endpoints da API REST relacionados cos pedidos.
  • CorrecciĂłn – Mellora a precisiĂłn do reconto de inventario retido durante a finalizaciĂłn da compra.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n os cupĂłns dun pedido sen pagar cando os cupĂłns do carriño cambian antes da finalizaciĂłn da compra.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n pendente unha valoraciĂłn que un moderador deixou sen aprobar cando o cliente a edita.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n os descontos dos cupĂłns dentro do prezo dos artigos aos que se aplican.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n exacto o reconto de usos dos cupĂłns cando se elimina un cupĂłn dun pedido.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n exacto o reconto de usos dos cupĂłns cando un pedido se cancela, falla ou se move ao lixo.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n os nomes con comiñas nunha soa cela ao descargar os informes de Analytics como CSV.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n coherentes os destinos de envĂ­o de PayPal e retĂ©n os pedidos capturados ata que se confirme o enderezo de entrega.
  • CorrecciĂłn – MantĂ©n limitados a un por pedido os produtos que se venden de forma individual cando se engaden a travĂ©s dunha ligazĂłn de finalizaciĂłn da compra.
  • CorrecciĂłn – Fai coincidir exactamente as entradas de «Correos electrĂłnicos permitidos» dos cupĂłns, co asterisco (*) como Ăşnico comodĂ­n.
  • CorrecciĂłn – Fai coincidir os cĂłdigos postais ZIP+4 coas zonas de envĂ­o e os tipos de imposto limitados ao seu cĂłdigo ZIP de 5 dĂ­xitos ou a un intervalo de cĂłdigos ZIP de 5 dĂ­xitos.
  • CorrecciĂłn – Normaliza de forma coherente os nomes dos atributos globais ao gardar.
  • CorrecciĂłn – Normaliza os ID de produto ao engadir ao carriño produtos agrupados antes de validalos
  • CorrecciĂłn – Omite os argumentos de chamada potencialmente sensibles nos rexistros de erros fatais e da Store API.
  • CorrecciĂłn – Mostra o nome do cliente e o correo electrĂłnico de facturaciĂłn na páxina Revisar pedido sĂł cando o cliente ten a sesiĂłn iniciada.
  • CorrecciĂłn – Mostra as ligazĂłns de instalaciĂłn de WooCommerce.com sĂł aos usuarios que poden instalar plugins e mellora como se verifican as solicitudes de conexiĂłn con WooCommerce.com.
  • CorrecciĂłn – Conserva a identidade do cliente rexistrado cando se importan, eliminan ou anonimizan pedidos de convidados.
  • CorrecciĂłn – Conserva os permisos aprobados e o destinatario do credencial durante toda a autorizaciĂłn da aplicaciĂłn.
  • CorrecciĂłn – Evita que as actualizaciĂłns simultáneas da finalizaciĂłn da compra engadan produtos sen pagar a pedidos completados.
  • CorrecciĂłn – Evita que aparezan produtos sen publicar en certas colecciĂłns de produtos
  • CorrecciĂłn – Protexe os datos da conta do cliente de solicitudes de carriño de orixe cruzada non fiables.
  • CorrecciĂłn – Recalcula os totais do carriño tras eliminar todos os cupĂłns a travĂ©s da Store API.
  • CorrecciĂłn – Rexeita a finalizaciĂłn da compra cando falta o paĂ­s de facturaciĂłn ou está fĂłra das localizaciĂłns de venda da tenda.
  • CorrecciĂłn – Rexeita a finalizaciĂłn da compra antes de procesar os hooks cando o rexistro de clientes e a compra como convidado están desactivados.
  • CorrecciĂłn – Elimina os cupĂłns xa aplicados a un carriño cando os cĂłdigos de cupĂłn están desactivados nos axustes de WooCommerce.
  • CorrecciĂłn – Require un clic antes de instalar pasarelas de pago ou activar os impostos automáticos desde as tarefas de configuraciĂłn.
  • CorrecciĂłn – Require unha sesiĂłn de navegador iniciada para obter a ligazĂłn de conexiĂłn con WordPress.com durante a configuraciĂłn de WooPayments.
  • CorrecciĂłn – Require un credencial de finalizaciĂłn da compra activo para as actualizaciĂłns de envĂ­o de PayPal Standard.
  • CorrecciĂłn – Require permiso para editar o produto pai ao xestionar os seus atributos e variaciĂłns.
  • CorrecciĂłn – Require a capacidade manage_woocommerce para o endpoint REST de opciĂłns herdado de wc-admin.
  • CorrecciĂłn – Resolve os shortcodes antes de xerar as rutas de descarga
  • CorrecciĂłn – Respecta os axustes de rexistro de clientes desactivado en A miña conta e na finalizaciĂłn da compra clásica.
  • CorrecciĂłn – Mostra de forma segura os nomes dos clientes nos resultados da busca de clientes dos pedidos.
  • CorrecciĂłn – Sanea os argumentos antes de poñer en cola os correos electrĂłnicos diferidos
  • CorrecciĂłn – Sanea o texto dos termos e condiciĂłns do bloque Finalizar compra antes de mostralo aos clientes.
  • CorrecciĂłn – Sanea as descriciĂłns das variaciĂłns importadas desde arquivos CSV.
  • CorrecciĂłn – As ligazĂłns de carriño compartido agora copian sĂł o carriño e os cupĂłns, non os detalles de pago nin o pedido en curso de quen comparte.
  • CorrecciĂłn – EnvĂ­a ao enderezo de facturaciĂłn os pedidos da finalizaciĂłn da compra con bloques cando a tenda obriga a enviar ao enderezo de facturaciĂłn do cliente.
  • CorrecciĂłn – Store API: evita que pagar un pedido acepte un enderezo de envĂ­o nun paĂ­s ao que a tenda non envĂ­a.
  • CorrecciĂłn – Reforza as comprobaciĂłns antes de que a finalizaciĂłn da compra da Store API reutilice un pedido pendente de pago.
  • CorrecciĂłn – Reforza as comprobaciĂłns do tipo de arquivo dos arquivos de produtos descargables.
  • CorrecciĂłn – Reforza as comprobaciĂłns do estado do pedido ao pagar un pedido existente.
  • CorrecciĂłn – Reforza as comprobaciĂłns de acceso ao seguimento de pedidos.
  • CorrecciĂłn – Reforza as comprobaciĂłns de seguridade das solicitudes de carriño e finalizaciĂłn da compra da Store API.
  • CorrecciĂłn – Actualiza a valoraciĂłn existente dun cliente nun pedido en lugar de engadir unha duplicada, tamĂ©n nos pedidos cuxo correo electrĂłnico de facturaciĂłn contĂ©n caracteres especiais ou falta.
  • CorrecciĂłn – Actualiza a identificaciĂłn da clave da API REST para as solicitudes da Store API.
  • CorrecciĂłn – Comproba a propiedade do correo electrĂłnico do cliente sĂł cun credencial de contrasinal vinculado ao seu destinatario do correo.

Ver o rexistro de cambios para todas as versiĂłns.