Saltar ao contido

Piélagos

Piélagos
 Nome oficial
    Piélagos (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
12.517 (2001) rexistro civil
13.389 (2002) rexistro civil
14.849 (2004) rexistro civil
15.748 (2005) rexistro civil
16.578 (2006) rexistro civil
17.681 (2007) rexistro civil
18.934 (2008) rexistro civil
20.081 (2009) rexistro civil
21.268 (2010) rexistro civil
22.223 (2011) rexistro civil
23.211 (2012) rexistro civil
23.661 (2013) rexistro civil
23.999 (2014) rexistro civil
24.360 (2015) rexistro civil
24.574 (2016) rexistro civil
24.918 (2017) rexistro civil
25.223 (2018) rexistro civil
25.559 (2019) rexistro civil
25.731 (2020) rexistro civil
26.035 (2021) rexistro civil
26.279 (2022) rexistro civil
26.605 (2023) rexistro civil
26.724 (2024) rexistro civil
26.901 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   12.890 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   12.669 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   83,33 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   37 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal39470 Editar o valor en Wikidata
Código INE39052 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340458 Editar o valor en Wikidata
VIAF316735006 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/010xdszf Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX461604
Wikidata C:Commons

Piélagos é un concello español de Cantabria, pertencente á comarca de Santander. No ano 2005 tiña 15.748 habitantes

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Miengo, Polanco e Torrelavega, ao sur con Puente Viesgo e Castañeda e ao leste con Villaescusa, El Astillero, Camargo e Santa Cruz de Bezana.

Abrangue as lucalidades de Arce, Barcenilla, Boo, Carandía, Liencres, Mortera, Oruña, Parbayón, Quijano, Renedo de Piélagos (Capital), Vioño de Piélagos e Zurita.

Economía

[editar | editar a fonte]

Está situado no eixo Santander-Torrelavega, foco industrial e residencial da rexión, participando o municipio destas dúas calidades da zona.

Tradicionalmente, o principal sector da zona foi a gandería, con todo debido á súa estratéxica situación, o municipio foi lugar de asentamento de varias empresas, entre elas algunhas leiteiras, intimamente relacionadas coa explotación gandeira.

Debido á beleza da súa costa e ás boas comunicacións, a construción está experimentando un auxe urbanístico non sempre respectuoso coa natureza e moitas veces masivo pero que efectivamente está aumentando continuamente a poboación de Piélagos.

Con 8 quilómetros de costa, Piélagos ten sete praias entre as que destaca a de Valdearenas, incluída no Parque natural das Dunas de Liencres, na desembocadura do río Pas.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O escudo está timbrado coa Coroa Real pechada e sobreposto a unha cartela de rolos cor pel, como adorno exterior. En campo de prata dúas pontes: o ponte de Arce e o ponte de Carandia estimando que ambos son puntos históricos e xeográficos representativos do municipio.

A bandeira do municipio de Piélagos é de fondo verde está interrompida por dúas franxas brancas, situadas unha na parte superior e outra na parte inferior. Inserido o escudo heráldico rodeado de doce estrelas, que representan aos doce pobos do municipio.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Cinco son os bens de interese cultural do municipio:

  • Torre medieval de Veo, en Arce, coa categoría de monumento.
  • Ponte do século XVII, en Arce, monumento.
  • Palacio da Conquista Real e a súa portalada, en Arce, monumento.
  • Cova de Santián ou de Santiyán, coa categoría de zona arqueolóxica.
  • Cova de El Calero II, en Arce, zona arqueolóxica.

Ademais, hai catro Bens de interese local:

  • Palacio dos Condes de Mortera, en Mortera.
  • Santuario da Virxe de Valencia, en Vioño.
  • Palacio da Chaira ou do Outeiro, en Zurita.
  • Estruturas Militares do Monte Picota.

E tres bens inventariados:

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno12.00015.00018.00021.00024.00027.000200020052010201520202025PiélagosEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Administración

[editar | editar a fonte]

Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no ano 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PP 3.921 44,02 % 9
PSOE 2.162 24,27 % 4
PRC 1.425 16 % 3
AIPP 627 7,04 % 1
  • Alcalde electo: Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PP 5.011 48,32 % 9
PSOE 2.360 22,76 % 4
PRC 1.689 16,29 % 3
AVIDP 749 7,22 % 1
  • Alcalde electo: Jesús Ángel Pacheco Bárcena (PP).