Saro é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca do Pas-Miera. Os seus límites son: ó norte Santa María de Cayón, ó oeste Villafufre, ó leste San Roque de Riomiera e ó sur Villacarriedo. Atópase a uns 30 km de Santander.
Un 45,5 % da poboación activa do municipio emprégase no sector primario, un 10,4 % na construción, un 12,9 % na industria e un 31,2 % no sector terciario. A taxa de actividade é do 49,9 % e a taxa de paro é do 14,9 % [cando?].